Entrevista á sección sindical na Xunta
A radio livre da comarca de Ferrol "Radio Filispim" ven de facer un programa especial contra a chamada "LEI DE MEDIDAS DO EMPREGO PÚBLICO" da Xunta de Galicia. Información, audios e presenza de diversas voces sindicais no estudio [CIG e CNT].
Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 9/2/12
Iniciamos a asemblea ás 11:00 do día 09/02/2011 no salón de actos de San Lázaro cun cheo absoluto. Reunidos representantes dos catro sindicatos maioritarios (CSIF, CIG, CCOO e UGT) en representación da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa e por outro lado os traballadores de San Lázaro que asistiron á asemblea.
Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Caetano (Compostela) 9/2/12
Lugar e data: San Caetano. Salón de actos n.º 1. Xoves 9, ás 11 horas.
Convoca: Xunta de Persoal e Comité de Empresa de SSCC
Presidencia de mesa: Pilar (CIG). Presidenta da Xunta de Persoal de SSCC.
No estrado, de pé e sentados na primeira bancada: delegados do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal de SSCC dos sindicatos CIG, CCOO, UXT e CSIF, así como delegados doutras localidades.
Asisten máis de 300 traballadores/as que abarrotan o salón de actos, cun numeroso grupo fora que non pode acceder.
Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en Monelos (A Coruña) 7/2/12
Convocados baixo o lema "Participa nas asembleias, decide", máis de duascentas persoas de tódalas categorías do emprego público ateigamos o pasado martes 7 o salón de actos do edificio administrativo de Monelos. Ningunha butaca libre, xente polos corredores do salón e ducias de persoas abarrotando as entradas, tentando ouvir e facerse escoitar.
Presentación da proposta organizativa para as asembleas da Xunta
Baixo o título “Proposta de organización das asembleas da Xunta” a sección de CNT na Xunta presenta na segunda edición do café combativo, este xoves 2/2/12 ás 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano, a proposta organizativa que trasladará á vindeira asemblea de traballadores/as públicos.
"O obxectivo é retomar as asembleas na Xunta"
Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.
Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo":
Reunión de traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia
Desde a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convocamos a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública à reunión que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro de 11:30h. a 12h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.
Carta aberta á Xunta de Persoal e ao Comité de empresa da Xunta de Galicia
Estimados señores e señoras dos órganos representativos:
Algúns traballadores/as dos servizos centrais da Xunta en San Caetano vímonos preguntando cando se convocará unha nova asemblea do persoal público. Entendemos que a última, e única, experiencia asamblearia do mes pasado produciu uns resultados bastante esperanzadores: unha afluencia inusitada de traballadores/as á asemblea, un amplo consenso para facer un acto de protesta e unha participación masiva na celebración de dita protesta. Segundo o falado na asemblea, en función da resposta obtida así se seguiría actuando... entón a que esperamos?
Protestas na Xunta de Galicia
Hoxe tivo lugar na Xunta de Galicia unha masiva protesta de empregados da administración publica. A concentración celebrouse por mandato da asemblea de traballadores/as dos edificios centrais da Xunta celebrada a pasada semana. Esta protesta de hoxe enmárcase dentro dos actos reivindicativos pola dignificación do emprego público e a defensa dos servizos públicos que os empregados e empregadas da Xunta decidimos emprender.
Crónica da asemblea de traballadores/as da Xunta de Galicia (10/5/11)
Facemonos eco da crónica que un compañeiro fixo da pasada asemblea de traballadores/as da Xunta de Galicia do pasado 10/05/2011.
A asamblea tivo lugar ás 10:30 no salón B do edificio da Consellería de Presidencia. Cando nós chegamos (a e 35) xa non había sitio e logramos colarnos para a outra banda.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4






