Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Xornada de loita estatal contra as listas de espera. 25 DE XANEIRO DE 2018

 

 

O proceso planificado de privatización e deterioro do sistema sanitario, posto en marcha desde hai anos, está dando desgraciadamente os seus froitos: interminables listas de espera (que además se desplazaron do quirófano ao diagnóstico); incremento dos seguros sanitarios privados; aumento das diferenzas entre territorios; e sobre todo moita dor e sufrimento para a poboación traballadora e/ou excluída.

Fronte a esta gravísima situación, colectivos de diversos puntos do estado chamamos a relizar movilizacións, o próximo 25 de xaneiro, ante os centros sanitarios. Contra as listas de espera e a mercantilización do sistema sanitario. Por unha atención sanitaria digna. Porque hai solucións, ainda que os políticos non queiran velas.

A CNT concentrarase nos seguintes puntos o vindeiro 25 de xaneiro:

  • OURENSE: Na porta principal do Hospital Nuestra Señora de Cristal, ás 12:00.
  • COMPOSTELA: Na porta principal do Hospital Clínico Universitario, ás 20:00.

Aquí podes ver a octavilla e o díptico.

A CNT constitúe sección sindical na AMTEGA

Amtega

  • A CNT constitúe sección sindical na AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia).

 

A sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores na AMTEGA, a través da que canalizar as demandas e reivindicacións específicas do persoal informático da Xunta de Galicia. O plantel afiliado ten o convencemento de que a estrutura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademáis de ser verdadeiramente horizontal. Toda a afiliación ten o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías.

 Desde a sección anímase ao resto de traballadoras e traballadores tanto da AMTEGA como da propia Xunta de Galicia a achegarse ás seccións sindicais da CNT, participar delas e avanzar cara unhas mellores condicións laborais en materias que repercutan tamén nunha mellor atención á cidadanía.

[San Lázaro] Charla teletraballo e dereitos de conciliación

Xunta

  • Venres 14 ás 11h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela)

Este venres 14 de xullo a Sección sindical de CNT na Xunta organiza unha charla informativa sobre a situación do teletraballo e os dereitos de conciliación na Administración pública galega.

A charla informativa celebrarase ás 11h no salón de actos da Consellería de Sanidade no Edificio Administrativo de San Lázaro en Compostela, e contará coa presenza do compañeiro da Amtega que ven de extender os dereitos de teletraballo e flexibilidade ata o máximo legalmente establecido.

Charla sobre teletraballo e dereitos de conciliación na Xunta

Xunta

  • Venres 7 ás 11h. no salón pequeno do Edificio Administrativo de San Caetano (Compostela)

Este venres 7 de xullo a Sección sindical de CNT na Xunta organiza unha charla informativa sobre a situación do teletraballo e os dereitos de conciliación na Administración pública galega.

A charla informativa celebrarase ás 11h no salón de actos número 2 do Edificio Administrativo de San Caetano en Compostela, e contará coa presenza do compañeiro da Amtega que ven de extender os dereitos de teletraballo e flexibilidade ata o máximo legalmente establecido.

CNT demanda á AMTEGA por vulneración de dereitos

AMTEGA

  • Demándase polo incumprimento reiterado das sentenzas xudiciais que obrigaron á reincorporación dun traballador informático afiliado a CNT
  • Requírese ao Ministerio Fiscal para identificar á persoa responsable así como as posibles responsabilidades penais de Jose Luis Somoza e Mar Pereira, Xerente e Directora da Amtega respectivamente

CNT ven de presentar demanda no xulgados contra a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia) en materia de vulneración de dereitos polos reiterados incumprimentos de sentenzas condenatorias en relación á readmisión dun traballador informático afiliado a este sindicato.

CNT gaña a partida á Xunta co teletraballo

Xunta

  • Informático da AMTEGA consegue ampliar os días de teletraballo ata o máximo establecido
  • CNT referente para o exercicio pleno dos dereitos na Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia ven de recibir un novo varapalo da xustiza tras denuncia dun dos seus empregados afiliado á CNT.  
O traballador viuse na obriga de presentar demanda en materia de dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral contra a súa resolución de teletraballo ao concederselle só 1 xornada á semana en vez dos 3 días solicitados, o que viña sendo habitual e sistemático na Amtega.

Tribunal Supremo condena a Xunta por despedimento nulo

  • O Tribunal Supremo dá a razón à CNT e obriga á readmisión definitiva de informático da Amtega.AMTEGA
  • A Xunta deberá aboar os salarios devengados durante o tempo do despedimento así como as custas do proceso.

Recente sentenza do Tribunal Supremo confirma a readmisión do sindicalista da CNT no seu posto de traballo na Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Tal e como xa mandatara o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2015, o informático ten dereito ao proceso de consolidación do seu posto de traballo sendo declarado nulo, por este motivo, o seu despedimento en xuño de 2014.

A Xunta rectifica as limitacións impostas na flexibilidade dun traballador

  • AMTEGA. Xunta GaliciaO traballador demandou a resolución da flexibilidade por conciliación familiar que lle foi comunicada o pasado setembro
  • Antes do xuízo a Xunta emite nova resolución onde amplía o horario de referencia e elimina o horario diario de presenza obrigatoria

O traballador informático da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) da Xunta de Galicia reclamou nos xulgados a resolución de flexibilidade por conciliación familiar que lle fora comunicada o pasado setembro. Nesta resolución a Xunta de Galicia limitaba o dereito á flexibilidade horaria por conciliación familiar do noso compañeiro Por un lado, restrinxía o marco horario de referencia ao horario de mañá e por outro, impedía o acúmulo de xornadas establecendo un horario diario de presenza obrigatoria.

Informático da Xunta readmitido

  • amtegaTras pedir a execución de sentenza do TSXG o compañeiro é por fin readmitido
  • A Xunta deberá aboar os salarios íntegros ao compañeiro segundo recolle tamén a sentenza.
  • Xeraronse dúas prazas públicas de nivel 25 onde antes había un subcontratado precario

O compañeiro de CNT, traballador informático da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia foi despedido en xuño de 2014 tras ser ocupada a súa praza no concurso de traslados. Tras ser denunciado o despido o traballador obtivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en maio de 2015 que declara nulidade do despido e condena á Xunta a readmitilo de inmediato.

A CNT solicita a ampliación das medidas de conciliación na Xunta

A sección sindical de CNT na Xunta de Galicia a ven de reclamar novamente unha xa vella revindicación dos traballadores e traballadoras desta Administración en materia de conciliación.

Así, se reclama a Función Pública como parte das medidas de flexibilización horaria dispoñibles a posibilidade de traballar os venres pola tarde a partir das 15.30 h. tendo o correspondente reflexo no sistema de fichaxe Kronos. Non ten moito sentido que, estando a maioría dos centros abertos os venres pola tarde e co oportuno servizo de seguridade, non se nos permita conciliar traballo con vida persoal, como indican xa moitas sentenzas en materia de conciliación familiar.