Enquisa HostaleríaDigna

Vigo

Obreir@, mobilízate!

Saúde, compañeir@s!

A CNT-AIT de Vigo convoca concentración este venres 31 de agosto diante da oficina de emprego da rúa Gregorio Espino, na Praza das Palmeiras (preto da estación de autobuses), ás 12h, como acto de protesta contra a dictadura do capitalismo e os seus verdugos, que son os presidentes estatais.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía loitadora a unirse a este acto reivindicativo dos dereitos laborais e sociais e a dicir NON aos continuos ataques do goberno contra a clase traballadora, que somos tod@s.

 

Cara á folga xeral, indefinida e revolucionaria!!!

 

GABRAT S.L. explota e non paga

Gabrat S.L. é unha empresa radicada en Porriño e adicada principalmente á obra pública. Con tan só 10 empregados ten facturado no último ano 2,5 millóns de euros.

Á RÚA SI, PERO SEN EL@S

Saúde, compañeir@s:

Con respecto ao secundamento das mobilizacións do 30 de Xuño para a defensa dos servizos públicos:

Manifestación de CNT-AIT Vigo 12M

Ás 18:30 horas saïamos do sindicato uns 20 compañeir@s, con 5 bandeiras, unha gran pancarta negra, un megáfono, moitos panfletos falando de revolución social e sobre todo moita ilusión.

Antes das 19 horas estabamos no punto de partida, a Praza de España, e o que se pensaba ía ser unha manifestación pouco secundada, voltouse nunha manifestación multitudinaria. A regra de quen nos convidou a acudir coma sindicato (a pesares das reticencias do 15M á presencia de siglas) era deixar pasar a todo o mundo e á cola da manifestación situarse os sindicatos, que para iso non somos movemento social. Pois así é: colocámonos nun sitio estratéxico coa pancarta despregada de tal xeito que todos os que pasaron tiveron que vela e vernos sen remedio: “destruíndo o capitalismo, construíndo a revolución social”. Sobre as 19:30 horas, vémonos ó final de toda a corte de bandeiras republicanas, de lemas dos movementos sociais… caendo na conta de que dende ese lugar a nosa mensaxe non ía chegar a tod@s @s que nos gustaría.

1º de Maio en Vigo

Miles de persoas acoden á manifestación do 1º de Maio en Vigo cos sindicatos minoritarios

Este último primeiro de Maio comezou para nós, o SOV da CNT de Vigo, cedo, como non podía ser doutra maneira nunha data tan sinalada. Ás 9:30 estabamos xa no local preparando todo o necesario: megáfonos, bandeiras, pancartas, consignas...e, como non, as mesas, cadeiras e a comida e bebida do merecido xantar posterior á manifestación.

TERRA DE NINGUÉN

Sae o cuarto número do voceiro do sindicato da CNT-AIT de Vigo, TERRA DE NINGUÉN (4ª edición).
Adxuntámolo para o voso disfrute!!

Saúde

VIGO EN FOLGA 29M

A nosa xornada de información e concienciación comezou xa o día 28 pola noche ás 21:30h nas portas da factoría de Citroën con compañeir@s de CUT e CGT, para intentar paralizar o turno de noite, que finalmente no apareceu a traballar. A esa hora a presencia policial era inexistente. Tras uns minutos moi tranquilos, decidimos dar un longo e ameno paseo polo asfalto vigués berrando todo tipo de consignas, sen maiores incidentes e incluso con certo apoio da veciñanza, ata que tres patrullas policiais nos solicitaron que fosemos pola beirarrúa de forma "ordeada".

Vídeo-crónica da manifestación de traballadores/as de Seaga con motivo da Folga do dia 25-9-2010.

Por volta de 200 persoas participaron na manifestación convocada pola Confederación Galaica da CNT durante a xornada de folga no SEAGA do pasado sábado 25 de Setembro. A manifestación percorreu as ruas de Compostela desde a Alameda até San Caetano, con diversas paradas nas que os traballadores e traballadoras en folga comunicaban às xentes de Compostela o nível de precariedade, con perigo das suas próprias vidas, en que deben desenvolver o seu traballo, e a necesidade dun convénio do sector que regule con dignidade as condicións de traballo.  

SEAGA: Folga e manifestación o día 25 de setembro

25/09/2010 12:00

folga e mani dia 25SNo proceso do conflito que a CNT desenvolve contra a empresa pública SEAGA, foi lanzada unha convocatoria de folga para o pasado dia 11 deste mes. Entendendo a especial delicadeza dun sector como é a extinción de incendios forestais, a CNT non quixera ter que recorrer a esta medida sen esgotar todas os intentos de chegar a un acordo. É por isto que a CNT desconvocou a folga para o dia 11 de setembro, ao tempo que anuncia a convocatoria dunha nova xornada de folga o dia 25 deste mesmo mes e a celebración dunha manifestación que percorrerá Compostela desde a Alameda até San Caetano o mesmo sábado 25 ás 12:00 horas.

Crónica e video da manifestación dos bombeiros/as forestais deste sábado 11

Pola dignidade do sector forestalPerto de 100 persoas participaron na manifestación convocada por esta sección sindical e a asamblea de traballadorxs este fin de semana. Xs bombeirxs forestais percorremos as rúas de Santiago de Compostela dende a Alameda até o Edif. Admtvo. de San Caetano. 

A elevada participación (ahí que ter en conta que a maioría de traballadorxs estaban de garda ao non ser xornada de folga), serviunos para demostrar que este ano, a auto-organización dxs trabaladorxs do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (S.P.D.C.I.F.) é imparable. A empresa e a Xunta de Galiza seguen facendo ouvidos xordos ás nosas xustas demandas, e a folga en toda Galiza na empresa SEAGA para o día 25 deste mes parece inevitable.