8M: folga xeral feminista

Vigo

Mesa aberta "Acción Libertaria"

A cargo de Eliseo Fernández e Carlos Taibo

Xoves 24 de abril ás 18:00h

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avda. García Barbón, nº 5)

Continúa o conflito contra Domino's Pizza en Vigo

Enfrontámonos contra unha multinacional que, cos seus miles de millóns de euros anuais de beneficios, non dubida en empregar burdas artimañas para despedir aos traballadores sen ter que pagarlles a indemnización. Pero esta vez deron cun óso duro de roer, porque a CNT non cala e responde coa acción.

A CNT-AIT de Vigo inicia conflito contra Domino's Pizza

O pasado 12 de marzo Domino's Pizza (vellos coñecidos da CNT e a AIT), empresa pertencente no Estado español ao Grupo Zena (líder do sector de comida lixo con empresas coma Burger King, Foster's Hollywood...) despedía sen máis, mediante un burofax, a Emilio, compañeiro de CNT-AIT Vigo, despois de 9 anos traballando para estes explotadores no local que teñen na Praza da Independencia en Vigo, acusándoo do roubo de 35€, obviamente falso, só para non ter que pagarlle a indemnización, téndoo presionado antes para que se fose de xeito voluntario, como (que casualidade!) fixeron co traballador que desempeñaba a súa mesma función no turno de mañá presionándoo para que marchase da empresa sen ningún tipo de indemnización, cousa que agora si ocorreu neste caso.

Victoria no conflito fronte a El Chivito

Dicía moi ufano o xefe destes establecementos de bocadillos que na hostalería hai moito negreiro solto, que non todos os hosteleiros son iguais, que aquí pagan xustos por pecadores e que el mantén un negocio case na ruína porque hai familias que soster.

Concentración + performance en Vigo este venres pasado na sé do PP

 

Seguindo co programa da campaña local "Marzo antirrepresivo" iniciada xa hai unhas cantas semanas, a CNT-AIT de Vigo saíu á rúa este venres pasado 21 de marzo baixo a convocatoria dunha concentración diante da sé do PP.

Proxección "Un año de dictadura en España en imágenes" en Vigo

 

Xoves 27 de marzo 

En CNT-AIT Vigo ás 20:00h

Concentración na sé do PP en Vigo

 

Este venres 21 de marzo ás 18:30h diante da sé do PP

R/Areal, nº 50, entrechán.

V Edición Foro mesa redonda "O sector forestal a debate"

 

Sería recomendable, por non dicir necesario, orientar o sentido do noso futuro, para xestionalo do mellor xeito e máis equitativo posible, respetando e dándolle o valor necesario ao equilibrio do contorno.

Marzo antirrepresivo en Vigo

 

Os tempos sempre son convulsos,

pero, cando a represión se sofre nas propias carnes,

a dor faise máis viva e insoportable.

A CNT-AIT maniféstase contra os lumes

Este pasado domingo día 29 de setembro unha manifestación percorreu polas rúas de Compostela baixo o lema “Por unha política forestal sostible. Servizo único, público e profesional”, convocada pola “Plataforma para a defensa dun servizo público, único e profesionalizado de prevención e defensa contra os incendios forestais”.