Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Coléxio Santa Apolonia

Constituída sección sindical en Santa Apolonia

Tras as dúas denuncias interpostas contra o colexio Santa Apolonia (información aquí e aquí), a CNT ven de constituír a súa sección sindical en dito centro de ensino.

Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do colexio, a través da que canalizar as protestas e reivindicacións.

Segunda denuncia contra o colexio Santa Apolonia

Tras o conflito aberto fai case dous meses por reclamación de cantidades, voltamos á carga co colexio Santa Apolonia.

Neste caso o compañeiro implicado leva traballando de profesor alí desde o ano 1992, encadeando ate 10 contratos temporais con diversas irregularidades.

En 2002 fano indefinido na empresa pero coa categoría profesional de celador, cando é o único titulado en Xeografía e Historia que hai no centro e o único que imparte as asignaturas de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, polo que lle correspondería a categoría de profesor titular.

A CNT comeza conflito co colexio Santa Apolonia

A CNT de Compostela ven de interpoñer unha denuncia contra as empresas "Santa Apolonia" e "Karmaden", xestoras do colexio privado Santa Apolonia de Compostela.

Despois de ter a un compañeiro traballando desde o ano 2003 con unha sucesión de contratos en fraude de lei, contratado por Santa Apolonia S.L, no ano 2005 cámbiaselle o contrato para a empresa Karmaden. Esta empresa é realmente a mesma que a anterior. O domicilio é o mesmo, e o compañeiro desenvolve exactamente as mesmas tarefas no mesmo lugar de traballo.

En setembro deste ano deciden cambiar os horarios ofrecendo como alternativa rescindir o contrato. O compañeiro decide rescindilo e cando chega a hora de asinar o finiquito, este é moi inferior ao que lle corresponde.