Primeiro ameázannos con despedimentos e aínda que din que son inevitables alárganos no tempo, cando xa non aguantamos máis nos comunican unha "noticia esperanzadora", os nosos "salvadores" que esta vez dignanse a baixar das alturas e comunicarnos sen intermediarios a boa nova, comparten connosco, pobres pecadores faltos de fe, a pouca información da que dispoñen, podemos librarnos do castigo do despedimento indo a Euskadi. Aleluia.
Se es unha das persoas "afortunadas" para ir traballar a Euskadi (6 meses?) debes saber que o Estatuto dos Traballadores actualizado cos últimos decretazos e o noso marabilloso Convenio Colectivo outórgache unha serie de "dereitos":
- A empresa ten dereito a esixir a calquera persoa traballadora que se desprace (temporalmente) a traballar a outra poboación distinta da do seu domicilio habitual, abonando, ademais dos salarios, os gastos de viaxe (só ida) e as dietas.
- A empresa ten dereito a comunicalo con "antelación suficiente", mínimo 5 días laborables.
- A empresa ten dereito a pagar dietas durante todos os días que dure o desprazamento, incluídos os festivos e fins de semana.
Debemos ter fe, os nosos salvadores son bos e xenerosos, saben mellor que nos o que máis nos convén, e iremos liberar Euskadi, non como man de obra barata senón con “coñecemento galego”:
Temos un currículo impresionante grazas aos numerosos cursos das últimas tecnoloxías que a empresa nos facilita, sempre en horario laboral.
A selección das persoas afortunadas farase tendo en conta as circunstancias individuais de cada unha, é tal a súa destreza que saben de antemán quen quere ir e quen non.
E aínda que non nolo comunicaron, seguro que xa están a ultimar o noso aloxamento, que será espazoso, con vistas á ría, moi moi preto da ponte que dá a un famoso museo. E teremos todos os días mesa reservada no famoso restaurante dos pais franciscanos.
Senón temos fe... sempre podemos falar entre nos, organizarnos, esixir unha negociación colectiva de todas as persoas afectadas directamente coa empresa e apoiarnos mutuamente en caso de "non conformidade".
Se ninguén traballa por ti, ninguén debe decidir por ti.