Crónica 1.º Maio NC-CNT Allariz
En Ourense, o NC de CNT en Allariz participou na manifestación do 1º de Maio nun Bloque Crítico composto por sindicatos (CGT, CUT) e colectivos sociais (Adiante, AMI-CEIVAR, FOI, Stop Desahucios,…) á que acudiron unhas 200 persoas.
Convocatoria Manifestación 1.º Maio CNT-Bloque Crítico Ourense
O NC de CNT-AIT en Allariz acudirá á convocatoria do 1º de Maio, Día da Clase Traballadora, en Ourense conxuntamente con outros sindicatos e organizacións sociais (CGT, CUT, Adiante, AMI/CEIVAR, FUE,….) agrupados nun BLOQUE CRÍTICO.
14 abril, 18.30, documental "Vacinas: a fraude letal" no NC de CNT-Allariz e Ateneo Libertario
O próximo domingo 14 de abril proxectásese ás 18.30 h. no Ateneo Libertario de Allariz o documental "VACINAS: A FRAUDE LETAL" en V.O.S. Despois desta haberá debate-coloquio sobre o tema.
Vacinas: A fraude letal (The real truth of vaccination):
Contundente documental australiano de 1998 (actualizado no 2003) que recolle o movemento anti-vacinación australiano e estadounidense principalmente e desmonta punto por punto os mitos vacinales, demostrando que as vacinas non son nin eficaces nin seguras para protexer os nenos de determinadas enfermidades.
Xornadas muller traballadora no NC de CNT en Allariz
O NC de CNT en Allariz proxecta tres documentais que se enmarcan dentro da celebración do 8 de marzo, Día da muller traballadora. Tras a súa emisión haberá debate aberto. Todas as proxeccións serán ás 18:00h no local sindical: Rúa do Castelo 10 (tras a Igrexa de Santo Estevo) en Allariz. 
Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza" no local do NC de CNT-Allariz
O próximo domingo 27 de xaneiro ás 19:00 h. terá lugar no local do NC de CNT en Allariz a presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Estudo sobre a viabilidade económica e política da implementación da Renda Básica das Iguais en Galiza. 
Proxeción do documental "Vivir la Utopìa" no NC-CNT Allariz
O próximo domingo 20 de xaneiro ás 18:30 proxectaremos no local do NC de CNT en Allariz o documental "Vivir a Utopía”. 
Manifestación en Compostela o 10 de Novembro

Continuando coa campaña contra os recortes, a Rexional da Galiza da CNT convoca unha manifestación en Compostela para o sábado 10 de Novembro
Saida: as 12:00 horas desde a Praza Roxa.
Mitin final: as 13:30 horas na Praza de Cervantes.
Ë hora de loitar!, a por todas!
CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora
Desde o inicio da crise económica, a CNT defendeu a folga xeral como principal ferramenta da clase traballadora contra os ataques da banca e a patronal. Rexeitamos a negociación á que o sindicalismo de concertación chamaba ao goberno para suavizar a reforma laboral tras a folga xeral do 29M.
Encontro poético con Antonio Orihuela
Dende CNT Allariz e o Ateneo comprácenos presentarvos a Antonio Orihuela, que ademais de historiador, é un destacado representante da poesía española contemporánea. A súa obra, de corte realista; trasmite cunha linguaxe sinxela os ideais e valores do pensamento libertario, ademais de expor unha excelente visión da decadente sociedade actual.
Palestra en Allariz: Folga xeral, hai razóns?

O vindeiro mércores 28 de Marzo, a partir das 19 horas, Jesús Minguet (CNT-Allariz) e o secretario xeral da CUT intervirán nunha palestra arredor da folga xeral na Casa da Cultura de Allariz.






