Prensa obreira

ensino-compostela

Concentración en San Caetano pola readmisión do profesor sancionado

concentracion cnt xunta galiciaNa mañá deste xoves 26 de Marzo, vinte militantes da CNT de Compostela concentraron-se nas portas do complexo da Xunta de Galicia en San Caetano para protestar pola sanción recaída no compañeiro Brais, profesor-substituto de Matemática expedientado por reclamar a obrigatoriedade de impartir as aulas de Matemática en galego, e para exixir a readmisión de Brais nas listas de substitución, das que foi apartado como consecuéncia desta sanción.

Cunha faixa alusiva à precariedade e represión que impera na Consellaria de Educación, os militantes da CNT concentraron-se por volta dunha hora, informando aos traballador@s da Xunta deste atropello contra os direitos laborais e lingüisticos do profesorado, e contra a situación de precariedade à que se submete ao persoal substituto e interino da Consellaria de Educación, para quen unha sanción mínima trae aparexado o despido.

Profesor-substituto sancionado co despido por reclamar as aulas de Matemática en galego

represión escolar O compañeiro Brais profesor-substituto de Matemática, traballou durante o curso 2007-2008 en diversos institutos da Galiza, mas foi no IES “Manuel Murguia” de Arteixo que traballou por espazo de 15 dias, do 8 ao 23 de Abril de 2008, onde ao reclamar que as aulas de Matemática debian-se dar en galego, como corresponde por lei, no decreto 124 do 2007 sobre o uso do galego no ensino, provocou un proceso no que foi condenado por 4 faltas graves, a un total de 25 dias de sanción e un apercibimento, o que na prática acarreou a sua expulsión das listas da Consellaria de Educación.

Primeiro reclamou o uso do galego nas aulas no Departamento de Matemática do Instituto; os libros estaban en castellano e é obrigatório na ESO que sexan en galego, mas como non chegaban a un acordo, acudiu à Chefa de Estudos do “M. Murguia” que en vez de facer-se eco das reivindicacións do noso compañeiro, o que fixo foi acusá-lo de entrar airadamente na Chefia de Estudos e denunciá-lo perante a Inspección de Educación, precisamente o organismo que debería velar polo “cumprimento” do decreto do Galego.