A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos
A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.
Celebrado o xuízo do compañeiro Brais
O primeiro de todo agradecer aos solidários e solidárias, que se concentraron hoxe, diante dos Xulgados de Fontiñas en Compostela en número de vinte e tal, entre compañeiros e compañeiras da CNT e outros colectivos, para alén de persoas que mostraron a sua solidariedade e o seu cariño ao compañeiro Brais en un dia muito especial para el, pois era o dia en que se tiña que ver frente a frente coa “xustiza”. Temos que agradecer especialmente aos sindicatos de ensino CIG e STEG, que con seus representantes estiveron no xuízo para o que fora menester.
Concentración e xuízo de Brais o 9 Feb às 10 h en Fontiñas
Concentraremo-nos en solidariedade con Brais o 9 de Febreiro ( Martes-Terça Feira) às 10 h nos Xulgados de Fontiñas, con ocasión do xuízo contencioso-administrativo que se vai celebrar a continuación ao noso compañeiro, despedido desde o 26 de Febreiro do 2009, ao aplicar-se-lle a Addenda 11/07/06 firmada polos Sindicatos CC.OO.,CSIF e ANPE, minoritários no sector de Ensino Público.
A solidariedade con Brais en marcha !!
Chegamos às 12 en ponto como é menester e apesar da chuvia, e contando coa presenza de algo máis de unha dúcia de compañeiros e compañeiras, iniciarmos o acto. Como sempre desdobramento de faixa, panfletos, megafone e como non!, carriñas de policia, unha estática e outra dinámica (ao redor de nós).
Desta volta estaban muito mais preocupados que de costume, pois pasaron a identificar-nos a todos e cada un das concentradas, non sabemos se é porque o noso programa era apertado, pois tiñamos previsto facermos a concentración à porta da sede central da Xunta, facermos entrega dos centos de sinaturas recollidas e despois entrarmos na edifício, e iso foi o máis pavero, pois fomos escoltados adiante, no meio e atrás por toda a policia, até chegarmos ao Salón de Graus.
Vídeo da manifestación en Arteixo por un ensino libertário
Disponibilizamos do vídeo da manifestación que o pasado 20 de xuño realizou a CNT galega polas ruas de Arteixo, en solidariedade co profesor Brais, represaliado e despedido do seu posto de traballo
Arteixo: A solidariedade da CNT en marcha!
Convocados pola CNT, reunimo-nos en Arteixo algo menos de un centenar de compañeiros e compañeiras pertencentes aos sindicatos da Galaica, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Vigo, Lugo Compostela, asi como solidários e solidárias coa causa do noso compañeiro Brais, despedido do ensino logo dun longo proceso, acusado e sancionado por 4 “presuntas” faltas graves a un total de 25 dias de suspensión de emprego e soldo e portanto ao despido pola sua condición de interino-sustituto.
20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario
Este vindeiro sábado 20 de xuño convocamosvos a unha manifestación en Arteixo contra a represión no ensino, por un ensino libertario e en solidariedade con Brais.
Palestra na Gentalha do Pichel em solidariedade com Brais
No movimento de solidariedade criado ao redor do nosso companheiro Brais, professor despedido como sabeis, por reclamar dar aulas de matemática em galego e enfrentar-se ao sistema autoritário de ensino que padecemos, desta volta no liceu "Manuel Murguia" de Arteijo, a "Gentalha do pichel" teve a bem organizar uma palestra nesta quinta-feira 11 de Junho às 20.30h, no que está convidado o nosso companheiro Brais da CNT e José Cabido do STEG.
O sindicato STEG, apoia a reivindicación de CNT
O STEG solicita a sipresión do Art. 13 da addenda por discriminatorio ao suprimir dereitos laborais do profesorado interino
Concentración no IES Manuel Murguía de Arteixo
Hoxe martes día 26 debido ao despido (retirada das listas), do compañeiro Brais, profesor substituto de secundária no Manuel Murguía de Arteixo, a CNT de Compostela e da Coruña, concentrou-se as portas do devantito instituto para protestar polas inxustas causas do despido:
-Exixir o uso do galego segundo o real decreto 124/2007.
-Criticar a política do centro a respeito do "plano de convivéncia", encanto a que este consistia, na entrada de gardas civís de paisano no instituto.
-Levar unha viseira posta.






