A CNT incrementa apoios en contra das medidas da Consellería

Esta mañá tivo lugar as 11.30h en Compostela outra nova xornada de folga no ensino público galego convocada por todas as forzas sindicais do ensino. Co gallo da folga, a Sección de Ensino do SOV de Compostela xunto cos compañeirxs de Vigo, A Coruña e Betanzos participaron activamente na masiva manifestación que saíu dende a Alameda e rematou nas mesmas portas da Conselleria de Educacion esixindo, máis unha vez, a demisión inmediata do conselleiro Xesus Vazquez.
A CNT continúa na rúa cos traballadores do Ensino

A CNT participou hoxe na manifestación programada na xornada de folga no ensino galego xunto co resto das organización sindicais. A manifestación percorreu as rúas de Compostela e rematou esixíndolle ao conselleiro a súa dimisión ás mesmas portas dos edificios administrativos de San Caetano, congregando de novo a milleiros de ensinantes.
Folga e manifestación no ensino
Desde a sección de ensino de compostela chamamos a todo o profesorado a secundar a xornada de folga convocada para este mércores 21 de setembro, así como a participar na manifestación unitaria que se celebrará en Compostela partindo da alameda ás 11:30 da mañá.
A Sección de Ensino de Compostela participou na multitudinaria manifestación contra as medidas da Consellería

A Sección de Ensino do SOV de Compostela participou activamente na manifestación que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela e que conseguiu reunir a todas as forzas sindicais do ensino galego con miles de persoas nas rúas. Unha vez máis, a CNT amosou a súa enérxica repulsa ás medidas que a Consellería de Educación vai aplicar neste curso 2011-2012 dende o próximo 12 de setembro.
Manifestación do ensino o día 9 de setembro en Compostela
A Sección de Ensino do SOV de Compostela participará, xunto co resto das organizacións sindicais galegas do ensino, na próxima manifestación contras as últimas medidas da Consellería de Eduación. A manifestación partirá da Alameda ás 11.30h.
O profesor Brais foi novamente expulsado do listado de substitucións
O pasado 24 de agosto o compañeiro Brais de Esteban foi expulsado do listado de subtitucións da Consellería de Educación polo que neste próximo curso 2011-2012 non poderá cubrir ningunha praza de ensinante de matemática.
A CNT reclama vagas para docentes de português no ensino secundário
A instáncias da Associação de Docentes de Português, a CNT de Compostela reclama, junto com outros sindicatos, a convocatória de vagas para o ensino de português como segunda língua estrangeira.
Nesta sexta-feira, dia 17, às 11 horas, os sindicatos CIG-Ensino, FE-CCOO, FETE-UGT, ANPE, STEG, CSIF ,CNT e CUT apresentaram no Registo Central da Junta, em Santiago de Compostela, um escrito dirigido ao diretor geral de Educação, Formação Profissional e Inovação Educativa.
Abstención ás eleccións sindicais no ensino
Os traballadores que participan nas eleccións sindicais, vénse obrigados a elexir unha candidatura pechada de candidatos e os sindicatos soen montar as súas candidaturas con calqueira tipo de persoa que se preste, sen valorar as súas cualidades. Na coviza de acadar unha serie de privilexios, moitos dos candidatos preséntanse ás eleccións para obter ou manter certas prebendas: crédito horario, estabilidade no posto de traballo, liberdade de movimiento laboral...
Oficialmente, Brais de novo nas listas
Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
Concentración na Xunta pola readmisión de Brais
Hoxe às 12 da mañán contentramo-nos perante a Consellaria de Educación da Xunta de Galicia (San Caetano) para reclamar a reincorporación nas listas de interinos e substitutos de matemática do compañeiro Brais, pois apesar de que a Xunta foi condenada por sentenza xudicial á reincorporar nas listas ao compañeiro isto non se produciu. A Xunta recurriu a sentenza e agora está a apresentar unha impugnación ao noso recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »






