O consorcio suprime a conexión wifi
Dende febreiro estamos sin wifi na escola. Ao principio pensei que sería algún problema "técnico". Pero se no despacho de administración sí hai conexión a internet e no resto da escola xa non, só pode deberse a unha causa: re-configuración do router. Por qué? Só se me ocurre que a alguén se lle pasou pola cabeza a idea de que quizáis non é convinte que o persoal dispoña de acceso a internet.

Defendendo o indefendible. Un sistema que ten que cambiar.
Imaxinemos un aula de 20 nen@s/profe, (antes de que a administración aumente estas cifras xa de por sí imprudentes). Imaxinemos que un centro que abre máis horas do que dura a xornada laboral do seu persoal, non conta con 2 persoas por aula a todas horas, (antes de que a administración anterior elimine a parella educativa). Aínda así, imaxinemos que neste instante sí están 2 profes nesa aula: Lupe e Maca. Imaxinemos só unha parte das situacións que se poden dar un día calquera, e obviando moitos detalles para non facer este texto interminable.
Chamamento á mobilización do persoal das escolas infantís
A CNT apoia a concentración convocada pola Cig para o venres 17 de Febreiro ás 18,30h na escola infantil de san roque.
O persoal da rede de escolas infantís galiña azul xa estamos fartas de tanta manipulación por parte do consorcio. A xerencia ten claramente uns plans privatizadores, recorta dereitos coa excusa dunha crise fabricada polos propios políticos, e utiliza a promesa dunha convocatoria de oposicións con fins somente electoralistas. Mentras tanto, a paciencia se nos esgota, agardando os movementos que sabemos que o consorcio ten perfectamente planificados para facer o seu traspaso á axencia. Ocúltanos as condicións baixo as que dito cambio se producirá, e pretende que nos conformemos sen saber o que vai ser do noso futuro.
A sección sindical galiña azul denuncia a situación das escolas infantís

É ben sabido que o persoal que traballa para a Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carece de convenio propio. A administración que xestiona entre outros servizos, á rede de escolas infantís Galiña Azul, négase a escoitar as nosas demandas mentras non deixa de esixir e reprimir. A xerencia do consorcio atenta constantemente contra a nosa intelixencia, facéndonos crer ao persoal e ás familias que estamos nunha rede pública de escolas, onde todas as persoas usuarias teñen os mesmos dereitos.
Concentración ás portas das Escolas
A sección sindical da CNT na rede de escolas infantís "Galiña Azul" apoia as concentracións convocadas pola CIG, ao longo da mañán deste mércores 23 de novembro en tódolos centros de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

Constituida Sección Sindical de CNT nas escolas infantís da "Galiña Azul"
A CNT ven de constituir unha Sección Sindical na rede de escolas infanís pertencentes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, máis coñecidas como a rede de escolas infantís da "Galiña Azul"
A Sección nace coa vontade de asentar na empresa unha alternativa sindical independente e asemblearia aberta a todos os traballadores e traballadoras e de servir de vehículo de denuncia das condicións laborais e problemática desta rede de escolas infantís públicas.






