Prensa obreira

Celta prix

Basta xa dos imcumprimentos de Celta prix!

Ante os ultimos imcumprimentos tanto do convenio laboral, como do pliego de condicions que a empresa Celta prix ten co concello de cedeira, desde a seccion sindical da C.N.T na mesma empresa queremos manifestar o seguinte:

Nada se pode esperar dunha empresa que non soubo gestionar a gran de cantidade de contratos que ten nin en galiza nin en andalucia. Froito da sua inoperancia para administrar o labor para a que foron contratados desde distintas intuticiones publicas, agora atópanse nunha situacion, na que paradoxicamente quen mais estan a sufrir esta situacion son os unicos que fixeron ben o seu traballo; os traballadores. Atrasos nos pagos do salario, no pago dos trienios, e ultimamente o imcumplimiento de entregar a roupa de faena, asi é o trato desta empresa cos seus traballadores.

CNT Ferrol denuncia o impago de salarios por parte de Celta-Prix en Cedeira

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol quere poñer en coñecemento da opinión pública o impago dos salarios ao persoal da empresa Celta-Prix (concesionaria do servizo de recollida de lixo) en Cedeira. Este sindicato ten contactado cos responsabeis da empresa nas súas oficinas de Sada e non foron quen de ofrecer unha solución ao problema nin fixar unha data na que os salarios impagados foran a ser abonados.

Victoria da CNT contra a represión sindical en Celta-Prix

jornadasA actividade reivindicativa dos sindicatos da CNT, con concentracións en Cedeira e Sada e outras protestas, conseguiu que cesase a represión sindical na empresa Celta-Prix contra o secretario da sección sindical da CNT nesta empresa de recollida de lixo, en Cedeira. Despois de varias mobilizacións, a empresa decidiu retirar a sanción ao secretario da sección sindical no acto de conciliación, aceptando que a sanción que lle fora imposta era un acto de represión sindical.

Celta prix acosa ao delegado da seccion sindical da C.N.T.

Tras case dous anos de loita polos dereitos dos traballadores a Sección Sindical da CNT na empresa Celta Prix, concesionaria da recollida do lixo e limpeza da vila de Cedeira, quere comunicar á opinión pública a situación laboral en dita empresa.

Concello e Celta prix, dade a cara!

Dende a Sección Sindical da CNT en Celta Prix (empresa encargada da limpeza e recollida do lixo en Cedeira) e dende a Federación Local de Ferrol queremos facer públicas as continuas irregularidades que está a cometer esta entidade.

Que vai facer o concello de Cedeira diante dos abusos da empresa Celta-Prix?

Dende hai varios anos, a empresa Celta-Prix é a concesionaria da recollida do lixo do concello de Cedeira, e todo o persoal que antes facía estes traballos para o concello pasou a formar parte desta empresa. Dende aquela, as condicións de traballo e a calidade do servicio prestado padeceron un grave deterioro.