Prensa obreira

Tecnocom

S.O.S. CNT - Tecnocom

Desde o sindicato CNT de Compostela queremos enviar unha calurosa aperta e todo o cariño e o ánimo posible aos nosos dous compañeiros de Tecnocom integrantes da sección sindical da CNT na empresa. Estos compas atópanse agora mesmo de baixa pola dificil situación que veñen sufrindo nos últimos tempos na oficina que a empresa Tecnocom ten no polígono do Tambre en Santiago de Compostela dirixida polos señores Vicente S.O. e Tomás B.C.

Tecnocom segue acosando aos seus traballadores

O pasado mes de Novembro, despois dun longo periodo de aillamento e presións por parte da empresa, dous compañeiros desta sección sindical foron despedidos improcedentemente por Tecnocom alegando baixo rendemento. Este despedimento foi denunciado ante a xustiza e neste pasado mes de Maio foi declarado nulo por vulnerar o dereito a indemnidade por un Xuiz que obriga á reincorporación destes dous compañeiros ao seu posto de traballo nas mesmas condicións que tiñan no momento de seren despedidos.

Constituida Sección Sindical de CNT en Tecnocom

Despois de se facer efectivas as readmisións dos compañeiros despedidos por Tecnocom en decembro do ano pasado, e cuxos despedimentos foron declarados nulos, a CNT ven de constituir unha Sección Sindical na oficina que Tecnocom, unha das cinco maiores Compañias do sector das Tecnoloxias da Información e a Comunicación do Estado, ten no Polígono Industrial do Tambre, en Compostela.