Enquisa HostaleríaDigna

Social

Novas de caracter social

A CNT de Compostela participará na manifestação Queremos Galego

08/02/2015 12:00

Com um sentido muito crítico cara aos convocantes desta manifestação, que confiam em medidas institucionais como única forma de salvação da língua galega, desde a CNT de Compostela chamamos a participar ao conjunto da classe operária conscientes de que a língua é o nosso património e a nossa diferença de classe em frente à burguesia que impõe precariedade e recortes de direitos em um processo que pretende nos fazer desaparecer como classe, entre outras coisas privando-nos das nossas identificações simbólicas e relacionais de alcance coletivo, entre as que a língua foi e é uma referência fundamental. A manifestação terá local neste domingo 8 de Fevereiro, partido desde a Alameda de Compostela às 12 do meio dia.

Presentación libro: Reformismo e okupación

10/01/2015 18:00

O dia 20 de mes de Novembro foi o 78 aniversario da morte do destacable anarcosindicalista e revolucionario anarquista Buenaventura Durruti.

Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

 

Pan, Traballo, Teito... Dignidade - Xornadas de loita do 24 ao 29-N

As Marchas da Dignidade volvemos saír á rúa para gritar ben alto PAN, TRABALLO, TEITO... DIGNIDADE. Saímos á rúa porque nos atopamos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de urxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a mayoria social e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Centos de miles de familias perderon a súa casa. Gran parte da mocidade vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro. Ás mulleres quérennos quitar o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos. Aos pobos néganselles o dereito a decidir. Seguen recortando en saúde, educación, dependencia, etc... enganaron aos nosos maiores coa estáfa bancaria das preferentes. Estamos asistindo ao roubo de dereitos e ao empobrecimiento xeneralizado da maioría social e todo en nome do pago dunha débeda ilexítima e odiosa que non contraeron os cidadáns e cidadás.

Conxo co 29N. Asemblea informativa

25/11/2014 20:00

cnt 29 n eu vouO próximo sábado 29 de Novembro terá lugra a ocupación da Praza do Obradoiro como resultado da confluencia das marchas da dignidade que sairán desde todos os puntos do país. Para preparar este gran acto central dunha longa campaña de protesta que leva meses en movemento realizarase unha asemblea informativa entre a veciñanza do barrio de Conxo para comentar os motivos que nos manteñen na loita e os motivos para que esta protesta non se deteña, senón que debe avanzar e xeralizarse. Esta asemblea será o martes 25 de Novembro, ás 20:00 no local da CNT, na rúa García Prieto 24-28.

Manifestación da Marcha da Dignidade Camiñando cara o 29N

06/11/2014 20:00

 

A CNT de Compostela fai parte das organizacións convocantes da manifestación que este xoves 6 de Novembro percorrerá as rúas da cidade en preparación das marchas e o acto de ocupación do Obradoiro que terá lugar o próximo 29 de Novembro. A manifestación do xoves 6 partirá da Porta do Camiño ás oito da tarde e rematará na praza do Toural.

Convocatoria de manifestación en Ferrol cara as Marchas da Dignidade xoves 6 de novembro

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol estará presente na manifestación convocada para o próximo xoves 6 de novembro.

Convocatoria Asemblea Aberta no Ateneo. Mércores 29 ás 20 h.

29/10/2014 20:00

Dende o Sindicato CNT de Ferrol invitamos aos demais sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía a participar nunha asamblea aberta coa intención de organizar una movilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as suas institucións.

Convocatoria de concentración en solidariedade co Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán convoca unha CONCENTRACIÓN o próximo xoves día 25 a partir das 18,30 h.

Convocatoria de concentración en solidariedade co Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán convoca unha concentración o próximo xoves día 25 a partir das 18:30 h na Praza de Armas xa que un membro desta Xunta Directiva tomará a palabra no Pleno Municipal que se celebrará á