Enquisa HostaleríaDigna

Social

Novas de caracter social

Modificación de horario da sede de CNT Compostela durante os meses de verán

ENTRE O 23 DE XULLO E O 17 DE AGOSTO O LOCAL ABRIRÁ DE 10:00 A 13:00

 ENTRE O 6 E O 10 DE AGOSTO A SEDE PERMANECERÁ FECHADA POR REFORMAS

 

PODERASE CONCERTAR CITA NUN HORARIO DIFERENTE OU DURANTE OS DÍAS DE

 FECHE NO TELÉFONO 640 553 412 OU NOS CORREOS

compostela@cntgaliza.org e galiza@cntgaliza.org

A CNT reúnese co Concello de Compostela para prantexar as súas demandas sobre a turistificación da cidade


  • No marco da campaña iniciada no mes de Maio sobre a precariedade na hostalería, a CNT reuniuse con María Rozas e Miguel Pernas
  • O Concello recolle as demandas da CNT e amósase disposto a manter novas reunións, pero elude compromisos

A maior parte das demandas prantexadas pola CNT están en relación coa situación laboral no sector da hostalería e o comercio na cidade. Entre outras medidas, a CNT prantexa ao Concello que tome medidas dentro das competencias que lle corresponden. En concreto, a CNT pide que determinadas ordenanzas municipais que regulan cuestións como a actividade, o aproveitamento do espazo público ou de axudas municipais, queden vinculadas ao cumprimento da lexislación laboral e ao respecto dos dereitos dos traballadores e as traballadoras e en materia de seguridade social e ao seguimento de pautas de control sindical.

II Xornada de loita estatal contra as listas de espera na sanidade

CONCENTRACIÓNS XOVES 24 MAIO

  • OURENSE 12h30 | Hospital Nª Sª de Cristal - Ramón Puga Nogerol 54
  • COMPOSTELA 11h30 | Hospital Clínico Universitario - Travesa da Choupana s/n.

Máis de 600.000 persoas esperan unha intervención cirúrxica en todo o estado (unha de cada cinco, máis de seis meses), mentres que en 2008 eran 364.000 persoas, o que indica que nestes anos de recortes o número case se duplicou. Respecto da lista de espera diagnóstica, case 2 millóns de persoas están á espera da primeira consulta co especialista, cun tempo medio de espera de case 60 días.

Nestes últimos anos o “colo de botella” pasou do quirófano ao diagnóstico (primeira cita co especialista), atrasándose aínda máis a atención dos enfermos, ocorrendo que haxa persoas que falecen antes de ser diagnosticadas ou recibir tratamento.

 

Crónica do Primeiro de Maio

 

  • A CNT manifestouse pedindo xustiza social e laboral en varios puntos do estado.
  • En Galiza, as manifestacións tiveron lugar en Ourense e Compostela.

Este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, as rúas enchéronse de bandeiras libertarias nas manifestacións da Confederación Nacional do Traballo.

Porque este Primeiro de Maio foi diferente do resto; este Primeiro de Maio foi feminista e a partires de agora todos serán igual. Viñamos dunha convocatoria de folga feminista o 8M, un feito histórico, e a coñecida sentenza da manada non fixo máis que espir o patriarcado que sufrimos. As mulleres estamos en pe de guerra e nada nos parará.

En Compostela, desde a Praza 8 de Marzo, e en Ourense, desde a Ponte Romana, a CNT reclamou xustiza social, xustiza laboral, e enmarcou os seus discursos en temas afíns á clase traballadora: o machismo, a loita polas pensións, a educación e a xustiza.

CNT Galiza ante a sentenza da manada

 

 

Fai apenas unhas horas, tras cinco meses desde a finalización do xuízo contra os agresores da presunta violación grupal nos San Fermines do pasado ano 2016, faise pública a sentencia. As mulleres da CNT queremos compartir o noso posicionamento ante dita sentencia, xa non pola repercusión mediática do caso, senón porque somos conscientes de que esta sentencia marcará un antes e un despois na loita das mulleres. Hoxe non so se ditou sentencia á denuncia da nosa irmá madrileña, ese xuízo era de todas nós.

Primeiro de Maio: Manifestación en Compostela

 

  • Manifestación do Primeiro de Maio da CNT, ás 12:30 na Praza 8 de Marzo (Compostela)

 Enmarcado dentro dun ambiente de mobilizacións, tras a Folga Feminista do 8M, as masivas manifestacións contra a Lei Mordaza, a loita pola Defensa das Pensións Públicas, as protestas en Catalunya, entre outras moitas mobilizacións, a CNT comeza a campaña de difusión do Primeiro de Maio, visibilizando á muller como promotora e cabeza visible da loita sindical en Galiza.

 Con esta campaña, primeira no tempo despois da Folga Feminista do 8M, CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao governo da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional.

FolgaFeminista8M: A revolución sera feminista ou non será

Videocrónica da CNT da greve levada a cabo no 8 de marzo de 2018, laboral, de consumo, de coidados, estudantil e de 24h.

 

 

CNT califica de «éxito rotundo» a xornada do 8M

 

Nunha xornada froito da autoxestión, do asamblearismo e da soriridade, decenas de miles de persoas sairon ás rúas en Galiza para manifestarse no Día da Muller.

«Haberá tempo para facer unha análise máis detallada, mais esta xornada soamente se pode calificar como histórica e ao nivel da folga da Canadiense. Hoxe naceu algo que vai gañar o que se propoña», sinala o comité de CNT Galiza.

As estimacións de seguimento das mobilizacións chegan a cifrar a asistencia ao redor de 40.000 persoas en Compostela, 50.000 en Vigo e 35.000 na Coruña, cifras que convertirían as manifestacións nas máis exitosas da historia de Galiza.

A CNT de Galiza seguirá apoiando de xeito rotundo as reivindicacións do movemento feminista e colocándose detrás del, lembrando que a loita non fixo máis que comezar.

A CNT dá as suas primeiras impresións

En declaración pública, o sindicato CNT apresentou as súas primeiras impresións acerca da folga deste dia 8 de Marzo.

Da mesma forma, chama a participar nas manifestacións desta noite convocadas polo movimento feminista.

 

 

Piquete da CNT constata a fraude dos paros de duas horas

 

Os piquetes organizados pola CNT informan en Compostela durante toda mañá sobre a xornada de folga. Focalizado nun sector económico importante do centro compostelano como é o comercio e hotelaria, este piquete comezou na Praza do Pan ao inicio da mañá e está a percorrer todas as ruas para informar as traballadoras dos seus direitos para aderiren á folga.