Enquisa HostaleríaDigna

Laboral

Novas de caracter laboral

Finalizado o conflito por despedimento en Coremain

Desde a CNT damos por rematado o conflito que mantiñamos coa empresa Coremain debido ao despedimento da secretaria de organización da sección sindical da CNT na empresa.

Logo dunha intensa campaña baseada na acción directa, o sindicato chegou a un acordo coa empresa, debido ao desexo da traballadora de non se reincorporar a unha empresa que durante meses a tiña explotado e acosado.

Finalizado o conflito con Viva Maria

Desde o pasado mes de Decembro a CNT de Compostela mantiña un conflito sindical coa empresa Viva Maria, debido ao despedimento dun compañeiro deste sindicato, que ademais tivera que soportar diversos incumprimentos dos dereitos laborais por parte do empresario deste negocio moderno e supostamente alternativo, que presume de estar á última en productos para o autocultivo, outro exemplo máis da falta de escrúpulos dos empresarios progres, capaces de defender calquera causa que lles beneficie ao mesmo tempo que vulneran os dereitos dos seus empregados.

Dupla concentración no café-bar Stella, 24 de xullo

O mércores 24 de xuño, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos de novo ás portas do café-bar Stella, na rúa do Franco. O dono deste estabelecemento, famoso xa en toda a zona vella polo seu desprezo aos direitos dos traballadores, explotou, despediu e non pagou a dúas compañeiras deste sindicato.

Valoración das consecuencias para os traballadores da fin da ultraactividade dos convenios colectivos

A reforma laboral de 2012 introduce no Art. 86.3 do Estatuto dos Traballadores unha modificación substancial do réxime xurídico da prórroga ou ultraactividade do convenio colectivo até entón vixente.

A nova redacción estabelece que desde a denuncia(1) dun convenio colectivo estatutario, este só manterá a súa vixencia como máximo un ano, salvo que o propio convenio teña unha cláusula específica que estabeleza o contrario, ademais da introdución dunha arbitraxe obrigatoria(2) para a solución de discrepancias unha vez esgotado o proceso negociador.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade:

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade:

A C.N.T. ante a fin da ultraactividade dos convenios

A favor dos dereitos, en contra da explotación

8 de Xullo, esta data non debería pasar desapercibida para ningún/a traballador/a, xa que marca un antes e un despois para os nosos dereitos laborais e as nosas condicións de vida. Dito doutra maneira, o poder económico -patronais- e o poder político -gobernos e partidos- asestaron outro duro golpe á clase obreira: os convenios colectivos comezarán a ser historia, sobre todo os provinciais. A súa implantación e duración teñen data de caducidade.

Curso básico de dereito laboral

03/07/2013 20:00
04/07/2013 21:30

Os vindeiros dias 3 e 4 de Xullo, a CNT de Compostela ten programado un curso sobre dereito laboral básico, aberto a toda persoa interesada. O curso será impartido polo secretario de acción sindical da CNT de Compostela, Brais Pérez Goméz, e proponse achegar ás persoas asistentes coñecementos sobre aqueles conceptos básicos sobre a lexislación laboral e de seguridade social que lles permitan actuar rapidamente ante unha situación urxente ou como responder ante as máis comúns problemáticas que se poden dar durante o transcurso dunha relación laboral.

O programa é o seguinte:

SOV CNT Ferrol solidarízase cos traballadores e traballadoras de MEGASA

Dende que o 31 de maio a empresa comunicou o peche por motivos enerxéticos, fomos asistindo a varias accións sindicais, como a exitosa folga comarcal do 12 de xuño e recentemente a unha concentración

Crónica Folga Xeral en Ferrol e Bisbarra o 12 de xuño de 2013

A CNT valoramos positivamente a Folga Xeral desenvolvida polas traballadoras e traballadores das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal demostrando que estamos xa fartos de enganos e mentiras as que sométenos os diferentes gobernos capitalistas.

Ver video

Folga Comarcal

O Sindicato de Oficios Varios da CNT en Ferrol facemos un chamamento á bisbarra a sumarse á Folga Comarcal deste mércores día 12 de xuño.