Enquisa HostaleríaDigna

Laboral

Novas de caracter laboral

Comunicado en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Dende o SOV CNT Ferrol comunicamos que participaremos nas mobilizacións e asembleas que se convoquen na cidade en apoio as Marchas pola Dignidade convocadas para o 22 de marzo que confluirán en Madrid

Concentración na Estrada para exixir os pagamentos adebedados por Hermanos Touceda Barreiro

concentracion cnt rouceda barreiro

Este mércores 19 de Febreiro un piquete da CNT concentrou-se no mercado local da Estrada para informar á viciñanza da vila sobre a explotación laboral á que a empresa de madeiras Hermanos Touceda Barreiro somete aos seus traballadores. A CNT está en conflito con esta empresa polo despedimento dun compañeiro deste sindicato sen indemnizar tras o feche non razonado da empresa.

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

Ferrol a 29 de xaneiro de 2013
Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A CNT inicia unha campaña de denuncia da precariedade e a explotación na hostalería de Compostela

29/01/2014 10:00

hostaleria CNTAnte a situación de continuida explotación e precariedade que vive o sector da hostalería na cidade de Compostela, cidade turística na que este sector é un dos máis desenvolvidos e que move maior cantida de capital, a CNT pon en andamento unha campaña de denuncia destas situacións e chama aos traballadores e traballadoras do sector a se organizar nunha alternativa sindical asemblearia, combativa e independente de todo poder político e económico.

Para isto, como paso previo, a CNT chama aos traballadores e traballadoras do sector a unha reunión informativa sobre a precariedade no sector e as posíbeis formas de denuncia, xurídicas e sindicais, que se poden levar a cabo. Esta reunión terá lugar no local da CNT de Rúa García Prieto, 24-28, o mércores 29 de Xaneiro, ás 10:00 e ás 20:00, de maneira que podan acudir independentemente das quendas que estes traballadores cubran.

Declarados improcedentes os despedimentos na Conselleria de Traballo

Tras as correspondentes denuncias nos xulgados dos traballadores/as da Consellería de Traballo e Benestar logo de ser despedidos este verán, chega a hora das sentenzas xudiciais, que non fan máis que corroborar o que semellaba xa bastante claro: a improcedencia dos despedimentos.

Represión sindical na USC

Fai apenas tres meses, a CNT de Compostela informabamos da interposición contra Unixest, empresa creada pola USC para xestionar eventos e servizos da própria USC, de duas demandas por contratación temporal en fraude de lei e por incumprimentos en matéria de conciliación da vida laboral e familiar. A resposta de Unixest é a própria do empresariado privado, e procedeu a despedir ao traballador que reclamou os seus direitos laborais.

Hermanos Touceda Barreiro-Maderas explota e despide aos seus traballadores

A empresa madeireira Hermanos Touceda Barriero-Maderas, situada na vila da Estrada, ven de ser denunciada pola CNT polas lamentábeis condicións laborais nas que tiña aos seus traballadores, así como polo despedimento sen indemnizar que supuxo o feche non razonado da empresa.

Mobilización en Ferrol o domingo día 1 de decembro polo naval

Comunicado do SOV CNT en Ferrol

A sección sindical da CNT no Ateneo denuncia impago de nóminas e Seguros Sociais

A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais.

A CNT exixe a readmisión do compañeiro despedido na empresa VIAS

CNT VIAS

A empresa VIAS, pertencente a un dos maiores oligopolios da costrucion a nivel nacional e internacional de España, e concesionaria na Galiza do tramo da AVE Ponte Ambía-Taboadela, despediu a un compañeiro deste sindicato alegando "incorrer nunha disminucion continuada do seu rendemento laboral.." producíndose leste, curiosamente, mentres se atopaba de baixa por enfermidade.Dáse tamén a casual circunstancia de que o compañeiro foi ameazado previamente co despedimento no caso de que collese a baixa.