8M: folga xeral feminista

Laboral

Novas de caracter laboral

Déjà vu? Non. Outra condena para Santa Apolonia

 

  • Segunda sentenza esta semana na que se recoñece a vulneración dos dereitos fundamentais do delegado da sección de CNT no colexio privado Santa Apolonia.

Ao colexio privado Santa Apolonia estalle a custar cara a súa actitude kamikaze en contra dos dereitos das persoas afiliadas ao noso sindicato. A pesar do empeño en acosar, humillar, cambiarlle as funcións e o horario, e moitas outras lindezas que sofre o noso compañeiro, os xulgados tiran pola mesma vía: vulneración de dereitos fundamentais e indemnización polos danos ocasionados.

Desta vez, a indemnización ascende a máis de 6.000€ da que responderán novamente Maria del Rosario Medina Gómez e Armando Jorge Barbazan Leis, administradores da empresa.

Agora sí que perdemos a conta das sentenzas favorables.

CNT Galiza reúnese con En Marea

Con motivo da folga xeral feminista que a CNT convoca o próximo 8 de marzo, o sindicato solicitou reunións para facer chegar as reivindicacións da folga aos axentes políticos e á patronal. Así, o 7 de febreiro tiña lugar a primeira reunión entre as representantes do sindicato e o grupo parlamentario En Marea.

Paula Quinteiro, en representación do seu partido político, escoitou de primeira man as reivindicacións do movemento feminista e mostrouse aberta a levalas ao parlamento, así como a seguir mantendo reunións despois da folga de 24 horas convocada.

O sindicato salienta e «agradece a rápida resposta de Paula Quinteiro» ante a solicitude de reunión.

CNT Galiza solicita reunións coas forzas políticas e a patronal

 

  • CNT Galiza solicita reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería de traballo e co CEGA para abordar a situación de precariedade laboral que sofren as mulleres no noso país.

A Confederación Nacional do Traballo da Galiza mantivo, nos últimos meses, reunións con diversas organizacións feministas, nas que os colectivos trasladaron a súa preocupación pola situación de discriminación que están a sufrir as mulleres e a súa vontade de convocar folgas nos seus respectivos ámbitos funcionais de actuación (de coidados ou de consumo) así como o requerimento á organización sindical de convocar folga xeral laboral, de 24 horas, para o día 8 de marzo de 2018.

Por este motivo, a CNT solicita reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería e co CEGA (Confederación de Empresarios de Galicia), para poder compartir a análise da desvantaxe das mulleres con respecto ao xénero masculino no ámbito laboral, así como discutir as propostas de resolución e a mellor maneira de levalas a práctica.

Estamos ante unha situación inxusta que se debe atallar urxentemente e, por iso, a CNT, actúa.

Contrátante no nadal? Algunhas cousas que deberías saber para que non te exploten

 

Na campaña do Nadal aumenta a contratación temporal no comercio, a hostalaría, a loxística e outros sectores. Está previsto que nos meses de decembro e xaneiro se asinen centos de miles de contratos.

Pero a campaña do Nadal é tamén un momento de aumento nos abusos laborais e da explotación dos traballadores e traballadoras, a pesar dos beneficios que obteñen coas vendas realizadas durante esta época, mentres quen traballamos só obtemos contratos temporais, precarios e mal remunerados.

Por iso, é importante que coñezas os teus dereitos, e que te organices no Sindicato co fin de defender os teus dereitos.

 

Venres negro para Time Road

 

 

  • CNT volve a concentrarse en Compostela diante da tenda que a cadena Time Road ten no centro comercial As Cancelas.

Por segunda vez a CNT concéntrase diante da xoiería e reloxería Time Road en Santiago de Compostela para insistir no pagamento da débeda que a cadea mantén cunha empregada afiliada ao sindicato.

A concentración levouse a cabo durante o Black Friday, onde ademáis de rebaixar o prezo dos productos, esta cadea pretende tamén rebaixar os dereitos laborais do seu plantel.

A ampla asistencia ao centro comercial neste día permitiu visibilizar o conflito que a CNT mantén con esta empresa, repartíndose 2000 panfletos en menos dunha hora. A tenda permaneceu prácticamente baleira durante a concentración.

Finalizado o conflito con Cevichería La Sarita

 

  • O restaurante adebedaba unha importante cantidade de cartos a unha traballadora.
  • A CNT volve a por de manifesto a utilidade da acción directa.

A CNT de Compostela ven de lograr unha nova victoria no plano laboral fronte ao restaurante Cevichería La Sarita, que adebedaba unha importante cantidade a unha traballadora.

CNT concéntrase diante de Time Road

 

 

  • Time Road recoñece que unha afiliada á CNT está contratada nunha categoría inferior á correspondente e que realiza horas complementarias. 

O pasado venres, a CNT concentrouse diante dunha das tendas que a cadea Time Road ten no estado, concretamente na do Centro Comercial As Cancelas. Ante o estupor das veciñas e veciños que pasaban a tarde no complexo, o sindicato desplegou unha pancarta esixindo á empresa que salde a súa débeda para con unha afiliada.

A CNT sostén que «a dignidade da clase obreira non comprende soamente o colectivo, senón que hai que defendela en todos e cada un dos postos de traballo». Por iso, o sindicato non desestima a posibilidade de «extender este conflito a outras poboacións do estado onde Time Road teña presenza».

Durante a concentración repartíronse preto de mil octavillas informativas sobre o conflito que esta central sindical mantén coa empresa.

Time Road explota e non paga

 

Time Road explota e non paga

A CNT inicia conflito coa cadea de xoiería e reloxería Time Road tras a demanda dunha afiliada ao sindicato. O sindicato reclama o recoñecemento da categoría laboral de dependenta en lugar de auxiliar, co consecuente aumento de salario. Este recoñecemento implica un aumento salarial que tamén se lle reclama á empresa demandada.

A CNT demanda á empresa pública SEAGA por fraude na contratación

CNT demanda SEAGA

  • A empresa SEAGA ten por obxecto, entre outras materias, a actuación en emerxencias, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais.

O sindicato CNT ven de demandar a Servizos Agrarios Galegos, S.A., mellor coñecida como SEAGA, tras constatar o fraude na contratación do persoal na empresa pública.

O SEAGA adoita a contratar temporalmente aos seus planteis, evitando así que acumulen antigüidade pero constituíndo un fraude de lei na contratación. Fontes sindicais indican que «non se aprecia a máis mínima causa para a temporalidade do servizo». O sindicato salienta que, tal como indica a xurisprudencia, a condición das persoas contratadas debe ser de fixas discontinuas posto que «existe unha necesidade intermitente e cíclica que incide no obxecto social da empresa».

Esta demanda únese as anteriores interpostas pola diferencia salarial existente ante a inaplicación da empresa do convenio da Xunta de Galicia.

Cevichería La Sarita despide e non paga!

  • Cevichería La Sarita despide e non paga!A parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González exemplos das piores prácticas da hostalaría.
  • Reclámanse cantidades por indemnización por despido, salarios impagados, vacacións non desfrutadas, actualización do convenio, diferencias de categoría e horas extras.

CNT inicia conflito co restaurante Cevicheria La Sarita polo recente despedimento dunha traballadora afiliada a este sindicato.

O establecemento rexentado pola parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González fechou as súas portas en Compostela deixando na rúa á nosa compañeira. Despido realizado falseando documentación para tratar de cumprir cos formalismos estipulados na lexislación vixente.