Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Laboral

Novas de caracter laboral

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

Ferrol a 29 de xaneiro de 2013
Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A CNT inicia unha campaña de denuncia da precariedade e a explotación na hostalería de Compostela

29/01/2014 10:00

hostaleria CNTAnte a situación de continuida explotación e precariedade que vive o sector da hostalería na cidade de Compostela, cidade turística na que este sector é un dos máis desenvolvidos e que move maior cantida de capital, a CNT pon en andamento unha campaña de denuncia destas situacións e chama aos traballadores e traballadoras do sector a se organizar nunha alternativa sindical asemblearia, combativa e independente de todo poder político e económico.

Para isto, como paso previo, a CNT chama aos traballadores e traballadoras do sector a unha reunión informativa sobre a precariedade no sector e as posíbeis formas de denuncia, xurídicas e sindicais, que se poden levar a cabo. Esta reunión terá lugar no local da CNT de Rúa García Prieto, 24-28, o mércores 29 de Xaneiro, ás 10:00 e ás 20:00, de maneira que podan acudir independentemente das quendas que estes traballadores cubran.

Declarados improcedentes os despedimentos na Conselleria de Traballo

Tras as correspondentes denuncias nos xulgados dos traballadores/as da Consellería de Traballo e Benestar logo de ser despedidos este verán, chega a hora das sentenzas xudiciais, que non fan máis que corroborar o que semellaba xa bastante claro: a improcedencia dos despedimentos.

Represión sindical na USC

Fai apenas tres meses, a CNT de Compostela informabamos da interposición contra Unixest, empresa creada pola USC para xestionar eventos e servizos da própria USC, de duas demandas por contratación temporal en fraude de lei e por incumprimentos en matéria de conciliación da vida laboral e familiar. A resposta de Unixest é a própria do empresariado privado, e procedeu a despedir ao traballador que reclamou os seus direitos laborais.

Hermanos Touceda Barreiro-Maderas explota e despide aos seus traballadores

A empresa madeireira Hermanos Touceda Barriero-Maderas, situada na vila da Estrada, ven de ser denunciada pola CNT polas lamentábeis condicións laborais nas que tiña aos seus traballadores, así como polo despedimento sen indemnizar que supuxo o feche non razonado da empresa.

Mobilización en Ferrol o domingo día 1 de decembro polo naval

Comunicado do SOV CNT en Ferrol

A sección sindical da CNT no Ateneo denuncia impago de nóminas e Seguros Sociais

A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais.

A CNT exixe a readmisión do compañeiro despedido na empresa VIAS

CNT VIAS

A empresa VIAS, pertencente a un dos maiores oligopolios da costrucion a nivel nacional e internacional de España, e concesionaria na Galiza do tramo da AVE Ponte Ambía-Taboadela, despediu a un compañeiro deste sindicato alegando "incorrer nunha disminucion continuada do seu rendemento laboral.." producíndose leste, curiosamente, mentres se atopaba de baixa por enfermidade.Dáse tamén a casual circunstancia de que o compañeiro foi ameazado previamente co despedimento no caso de que collese a baixa.

A CNT demanda à USC

cnt unixest

Sabido é que, desde hai anos, a Universidade de Santiago de Compostela destaca pola creación de órganos, servizos e sociedades desde as que xestionar externamente o público e que se prestan de maneira excelente ao incumprimento dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, como levamos anos denunciando desde a CNT. Neste caso a demanda interpón-se contra o chiringuito Unixest, que ven significar Sociedade Xestora De Intereses Da Universidade De Santiago De Compostela. S.L.