Enquisa HostaleríaDigna

Laboral

Novas de caracter laboral

Primeiro de Maio, pola dignidade

O obxectivo deste Primeiro de Maio é continuar a loita contra o aumento da represión, da precariedade laboral e social, a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética, a falla de vivendas. Sobran os motivos.

A Tafona acepta as reclamacións da CNT

Hai uns días informabamos desde a CNT de Compostela do conflito sindical que iniciabamos con este restaurante compostelano (http://cntgaliza.org/?q=node/1839), en base á contratación por unha categoría inferior, a realización constante e sen retribuir de horas extraordinadias e o incumprimento na concesión de días libres e periodos de vacacións.

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade.

A CNT inicia conflito sindical co restaurante a Tafona

A CNT denuncia as condicións de traballo no restaurante A Tafona, céntrico restaurante da cidade situado na Virxe da Cerca.

Neste restaurante as traballadoras están contratadas por debaixo da categoría que realizan, sendo axudantes de camareiro e non camareiras como realmente corresponde. Tampouco se cumplen os tempos de descanso obrigatorios nin se permite ás traballadoras dos dous días de descanso que lles corresponden, e por suposto tampouco desfrutan as súas vacacións anuais. Con todo, o máis sangrante é a realización de xornadas semanais de entre 60 e 70 horas, todo iso sen recibir remuneración algunha.

Se non é feminista non é a miña revolución

8 marzo cnt

Un ano máis, un día máis, unha data máis, unha máis das miles de efemérides que asolagan o calendario. Porén este non é un día calquera. É o día no que as mulleres deixamos de ocupar titulares como vítimas da violencia de xénero para pasar a sermos as heroínas da xornada, sempre co engadido do “aínda hai moito que facer”.

Cafetería Tepuy paga o que debes!

O SOV da CNT de Ferrol quere informar e denunciar que mantén aberto un conflicto coa Cafetería TEPUY na vila de Ares polo despido improcedente dunha traballadora mentres esta estaba de baixa laboral, negándose a pagar a indemnización correspondente, horas extra e o finiquito que lle corresponde á compañeira.

Moldugasa nin paga nin readmite!

A empresa négase a acatar a sentenza xudicial que lle obriga a readmitir ao compañeiro despedido e négase a abonar os salarios de tramitación despois de que o despido se declarase nulo.

La Barraca non readmite, pecha e non paga: CNT denuncia

A pesar de existir tres sentenzas xudiciais que obrigan ao establecemento hostaleiro a readmitir ás tres compañeiras despedidas tras declararse o despido nulo nun clarísimo caso de represión sindical

A CNT chama á abstención nas eleccións sindicais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais

forestais CNTA CNT chama á abstención nas próximas eleccións sindicais pois pensamos que os comités de empresa non representan os intereses reais dos traballadores e as traballadoras ao negarlle a palabra e a participación directa nos nosos propios problemas e na defensa dos nosos intereses.
Ante a perda de dereitos laborais que provocaron as dinámicas pactistas do modelo sindical baseado nos comités de empresa, a CNT propón unha forma de actuar diferente. Non temos liberados nin subvencións nin filiación política que poda determinar as nosas decisións ou entren en conflito coas nosas aspiracións, polo que as nosas demandas partirán sempre dos nosos intereses como traballadores e a súa resolución dependerá exclusivamente da nosa vontade.

Concentración en Orange pola contratación directa e a readmisión das despedidas en Qualytel

orange cntNa tarde de onte, 15 de Xaneiro, un grupo de compañeiros concentrámonos nunha tas múltiples tendas que Orange ten en Compostela en solidariedade co sindicato da CNT de Salamanca.

Esta concentración enmárcase dentro da Semana de loita convocada contra esta empresa, en protesta polas prácticas de precarización que practican a través de filiais como Arvato-Qualytel e dos despedimentos que realizou na cidade salmantica, moitos deles de afiliadas e afiliados á CNT.