8M: folga xeral feminista

Laboral

Novas de caracter laboral

Cafetería Tepuy paga o que debes!

O SOV da CNT de Ferrol quere informar e denunciar que mantén aberto un conflicto coa Cafetería TEPUY na vila de Ares polo despido improcedente dunha traballadora mentres esta estaba de baixa laboral, negándose a pagar a indemnización correspondente, horas extra e o finiquito que lle corresponde á compañeira.

Moldugasa nin paga nin readmite!

A empresa négase a acatar a sentenza xudicial que lle obriga a readmitir ao compañeiro despedido e négase a abonar os salarios de tramitación despois de que o despido se declarase nulo.

La Barraca non readmite, pecha e non paga: CNT denuncia

A pesar de existir tres sentenzas xudiciais que obrigan ao establecemento hostaleiro a readmitir ás tres compañeiras despedidas tras declararse o despido nulo nun clarísimo caso de represión sindical

A CNT chama á abstención nas eleccións sindicais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais

forestais CNTA CNT chama á abstención nas próximas eleccións sindicais pois pensamos que os comités de empresa non representan os intereses reais dos traballadores e as traballadoras ao negarlle a palabra e a participación directa nos nosos propios problemas e na defensa dos nosos intereses.
Ante a perda de dereitos laborais que provocaron as dinámicas pactistas do modelo sindical baseado nos comités de empresa, a CNT propón unha forma de actuar diferente. Non temos liberados nin subvencións nin filiación política que poda determinar as nosas decisións ou entren en conflito coas nosas aspiracións, polo que as nosas demandas partirán sempre dos nosos intereses como traballadores e a súa resolución dependerá exclusivamente da nosa vontade.

Concentración en Orange pola contratación directa e a readmisión das despedidas en Qualytel

orange cntNa tarde de onte, 15 de Xaneiro, un grupo de compañeiros concentrámonos nunha tas múltiples tendas que Orange ten en Compostela en solidariedade co sindicato da CNT de Salamanca.

Esta concentración enmárcase dentro da Semana de loita convocada contra esta empresa, en protesta polas prácticas de precarización que practican a través de filiais como Arvato-Qualytel e dos despedimentos que realizou na cidade salmantica, moitos deles de afiliadas e afiliados á CNT.

Construcciones Troiteiro explota e despide

A empresa de construcción radicada en Arzúa Construcciones Troiteiro destaca como un exemplo paradigmático da explotación laboral que impera no sector da construcción. Nesta empresa os traballadores desfrutan apenas de cinco días de vacacións ao ano, cobran por debaixo do estipulado por convenio e non se respetan as categorías laborais, realizan horas extraordinarias de maneira sistemática e sen remunerar, non reciben as EPI obrigatias para desempeñar o seu traballo con seguridade e sen perigo para a súa integridade física. E cando os traballadores reclaman o mínimo que sinala a lei a reacción do empresario é o despido fulminante.

Comunicado da CNT de Ferrol en solidariedade coa plantilla do Diario de Ferrol

Ante a situación dada a coñecer polos traballadores do Diario de Ferrol facemos un chamamento urxente en apoio á súa situación. Hoxe venres 19 farase unha concentración na praza de Armas ás 11:30.

Victor Campos vai entrando en razón

Recentemente informabamos do conflito sindical que a CNT iniciaba coa carpintería Víctor Campos, situada no polígono do Tambre. O conflito iniciouse pola vontade dun traballador da empresa de reclamar o cese de realización de horas extraordinarias, o pagamento das realizadas ao longo do 2014, a regularización salarial conforme a convenio, e o desfrute das vacacións deste ano.

Coremain recoñece a maior parte das demandas da CNT

No mes de Outubro a CNT demandaba a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores, reclamando desta maneira a conversión en traballador indefinido en Coremain dun compañeiro que prestaba servizos en Zemsania cun contrato de obra. Finalmente, Coremain aceptou as demandas da CNT e formalizou a contratación de maneira indefinida deste compañeiro en Coremain, o que significa un recoñecemento tácito da existencia da cesión ilegal, práctica común de contratación levada a cabo por estas empresas para manter en situación de precariedade aos seus traballadores e traballadoras.

Remata o conflicto con Cándido Hermida

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol mantivo conflicto coa empresa Cándido Hermida, chegando a un acordo satisfactorio para a traballadora no SMAC polo despido improcedente.