8M: folga xeral feminista

Laboral

Novas de caracter laboral

Piquete da CNT em Pecados de Compostela

Pecados de Compostela

Na tarde de ontem, domingo dia 7, um piquete da CNT concentrou-se ao pé de Pecados de Compostela, na central praça do Toural compostelana.

Durante algo mais de uma hora estivemos a informar as vizinhas e vizinhos de Compostela de toda a série de incumprimentos por parte deste empresário, muito preocupado com o marketing e a imagem corporativa e bastante pouco com os direitos laborais.

A CNT inicia conflito con Pecados de Compostela

Pecados de CompostelaA CNT vén de iniciar un conflito coa empresa Pecados de Compostela, situada na Praza de Toural.

A compañeira, que traballaba nesta tenda de golosinas, tiña un contrato en fraude, a media xornada (traballando 40 horas semanais), a súa categoría laboral era inferior á que lle correponde, realizaba de forma constante horas extra sen retribuir, non se lle concedían os días libres e vacacións que lle coresponderían e, finalmente, foi despedida.

A CNT inicia conflito com o Bar Isla

Bar IslaO empresário tem um companheiro que leva quatro anos trabalhando mais de 50h de média semanal sem retribuição ou compensação em descanso alguma. Além disso, trabalha feriados e em horário nocturno sem remuneração extraordinária nem compensação e, aliás, superou largamente o máximo anual de horas extra.

Cafetería Tepuy ten que pagar o que debe

Tralo conflito mantido coa CNT polo despido dunha compañeira, botada á rúa no transcurso dunha baixa e, segundo pretendía a empresa, sen dereito a indeminización,

Crónica do Primeiro de Maio en Ferrol

O pasado primeiro de maio a manifestación alternativa convocada por CNT e as Marchas da Dignidade percorre as rúas de Ferrol baixo os lemas Pan, Traballo, Teito e Dignidade e Solidaridade Obreira, desmarcándose do sindicalismo institucional que xa fai décadas vendeu á clase traballadora a cambio dos favores do capital.

Primeiro de Maio, pola dignidade

O obxectivo deste Primeiro de Maio é continuar a loita contra o aumento da represión, da precariedade laboral e social, a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética, a falla de vivendas. Sobran os motivos.

A Tafona acepta as reclamacións da CNT

Hai uns días informabamos desde a CNT de Compostela do conflito sindical que iniciabamos con este restaurante compostelano (http://cntgaliza.org/?q=node/1839), en base á contratación por unha categoría inferior, a realización constante e sen retribuir de horas extraordinadias e o incumprimento na concesión de días libres e periodos de vacacións.

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade.

A CNT inicia conflito sindical co restaurante a Tafona

A CNT denuncia as condicións de traballo no restaurante A Tafona, céntrico restaurante da cidade situado na Virxe da Cerca.

Neste restaurante as traballadoras están contratadas por debaixo da categoría que realizan, sendo axudantes de camareiro e non camareiras como realmente corresponde. Tampouco se cumplen os tempos de descanso obrigatorios nin se permite ás traballadoras dos dous días de descanso que lles corresponden, e por suposto tampouco desfrutan as súas vacacións anuais. Con todo, o máis sangrante é a realización de xornadas semanais de entre 60 e 70 horas, todo iso sen recibir remuneración algunha.

Se non é feminista non é a miña revolución

8 marzo cnt

Un ano máis, un día máis, unha data máis, unha máis das miles de efemérides que asolagan o calendario. Porén este non é un día calquera. É o día no que as mulleres deixamos de ocupar titulares como vítimas da violencia de xénero para pasar a sermos as heroínas da xornada, sempre co engadido do “aínda hai moito que facer”.