Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

Cevichería La Sarita despide e non paga!

  • Cevichería La Sarita despide e non paga!A parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González exemplos das piores prácticas da hostalaría.
  • Reclámanse cantidades por indemnización por despido, salarios impagados, vacacións non desfrutadas, actualización do convenio, diferencias de categoría e horas extras.

CNT inicia conflito co restaurante Cevicheria La Sarita polo recente despedimento dunha traballadora afiliada a este sindicato.

O establecemento rexentado pola parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González fechou as súas portas en Compostela deixando na rúa á nosa compañeira. Despido realizado falseando documentación para tratar de cumprir cos formalismos estipulados na lexislación vixente.

CNT finaliza o conflito coa academia CESFOREM

  • A academia adebedaba unha importante cantidade de cartos a unha profesora.
  • CNT volve a por de manifesto a utilidade da acción directa.

A CNT de Compostela ven de lograr unha nova victoria no plano laboral fronte a academia CESFOREM, que adebedaba unha importante cantidade a unha profesora.

Ademáis das cantidades adebedadas pola finalización do contrato, a empresa tiña contratada á afiliada nunha categoría inferior ás tarefas que realmente realizaba, un tipo de fraude moi común nas academias de formación. A empresa tampouco lle aplicaba o convenio correcto, vixente desde xaneiro do 2014.

Novamente a CNT pon de manifesto que outra forma de sindicalismo no só é posible senon necesaria. O apoio entre iguais e a solidaridade entre traballadores é o que fai que este e outros moitos conflitos rematen satisfatoriamente para a persoa traballadora.

Conta connosco, conta con CNT.

Cesforem Formación paga o que debes!

 

A CNT inicia conflito coa academia Cesforem por adebedar unha importante cantidade a unha profesora
O empresario Jose Manuel Otero négase a chegar a un acordo co sindicato
A academia Cesforem Formación manten un conflito laboral coa CNT polas débedas que mantén cunha profesora afiliada ao sindicato.
A profesora rematou o contrato do curso pasado sen que o empresario Jose Manuel Otero Regueiro lle pagara o correspondente finiquito.
Ademais o empresario tiña á traballadora contratada como profesora auxiliar cando realizaba tarefas correspondentes á categoría laboral de profesora titular, un tipo de fraude habitual nas academias de formación.
Por último, reclámase a Cesforem as diferencias resultantes da aplicación do novo convenio de ensinanza e formación non regrada que está en vigor de maneira retroactiva desde o 1 de xaneiro de 2014.
Desde CNT ínstase a Jose Manuel Otero Regueiro empresario de Cesforem a solucionar o conflito "de inmediato"  e a regularizar acorde á lexislacion vixente ao resto da plantilla da academia.
Jose Manuel Otero Regueiro paga o que debes!!
  • cesforem paga o que debes!A CNT inicia conflito coa academia Cesforem por adebedar unha importante cantidade a unha profesora
  • O empresario négase a chegar a un acordo co sindicato

A academia Cesforem Formación manten un conflito laboral coa CNT polas débedas que mantén cunha profesora afiliada ao sindicato. A profesora rematou o contrato do curso pasado sen que o empresario lle pagara o correspondente finiquito.

Ademais o empresario tiña á traballadora contratada como profesora auxiliar cando realizaba tarefas correspondentes á categoría laboral de profesora titular, un tipo de fraude habitual nas academias de formación.

Carta aberta a David Monllau, director de recaudación de fondos en Médicos Sin Fronteras

Desde a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras queremos desmentir a David Monllau, recente director de fundraising da organización, que o pasado 21 de xullo publicou un artigo na web oficial da ONG en contestación á repercusión mediática acadada tras dous anos de loita sindical.

Na CNT coñecemos de primeira man a importancia da independencia económica. Somos un sindicato autoxestionado, que rexeita as subvencións institucionais, onde o apoio mutuo entre iguais e a solidariedade son alicerces. Outra das nosas características é a horizontalidade, o que nos permite non ter esa estructura xerarquizada na que se podan diferenciar explotaroras/es e explotadas/os.

A independencia de Médicos Sin Fronteras (MSF) é posible grazas á precarización de centos de postos de traballo en todo o estado, aqueles postos que aseguran a obtención de fondos privados como son os das captadoras e captadores.

Na artigo, o señor Monllau -posta en marcha a maquinaria propagandística- fala do bo facer de Médicos Sin Fronteras, a súa responsabilidade e transparencia, para logo relatar as condicións «dignas» do plantel de F2F (equipos de captación de socias/os).

CNT denuncia o ERTE ilegal de Pórtico Comunicaciones

  • Portico logoDestapase outro entramado empresarial fraudulento que alega causas económicas para os despedimentos
  • O 25% da plantilla vese afectada pola suspensión dos seus contratos

A firma audiovisual compostelana Pórtico Comunicaciones ven de impoñer o pasado abril un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para parte da súa plantilla alegando causas organizativas e produtivas.

CNT denuncia este ERTE por consideralo ilegal e ser na realidade unha maniobra do grupo de empresas patolóxico denominado Atlantida Media, que a compostelana Pórtico Comunicaciones forma, xunto coas empresas radicadas no Concello de Ames: Zenit Televisión e Cinemar Films.

O Concello de A Guarda incumpre a lexislación de prevención e seguridade

  • GES SoluciónO Concello non facilita a información e acumula incumprimentos na materia, especialmente no servizo de emerxencias
  • A resolución da Inspección de traballo deu a razón á denuncia de CNT máis o Concello continúa sen dar solucións

A Sección de CNT no Concello de A Guarda leva solicitando meses ao Concello que se comunique o plan de prevención e o análise de riscos e que cumpra co regulamentado en materia de prevención e seguridade.

Ante as constantes evasivas e negativas por parte dos responsables do Concello, a CNT presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. A resolución da Inspección de Traballo foi clara e ratificou as denuncias aportadas desde a Seccion Sindical obrigando ao Concello de A Guarda a facilitar a información en materia de prevención e seguridade, a elaborar os informes pertinentes dos que carece e a subsanar as deficiencias atopadas.

Nova condena ao colexio Santa Apolonia

  • Declarase nula a decisión da empresa de suprimir funcións docentes dun profesor
  • Constátase unha nova victoria da CNT sobre o colexio privado Santa Apolonia de Compostela

 

A xustiza ven de declarar a nulidade da decisión do colexio Santa Apolonia de suprimir as funcions docentes que viña desenvolvendo coma profesor o Delegado da Sección Sindical da CNT. A sentenza condena á empresa compostelana a restituír nas funcions docentes ao noso compañeiro dentro da súa xornada de traballo.

A CNT denuncia o entramado empresarial de Confecciones Deus

Confecciones Deus (Ordes)

  • A firma textil de Ordes despide cun ERE extintivo máis de cen traballadoras
  • A CNT denuncia que o grupo empresarial, cun entramado ficticio de máis dunha ducia de empresas, cometeu fraude fiscal e procuraba a súa descapitalización.

A CNT ven de presentar demanda por despedimento contra Confecciones Deus e todo o seu entramado empresarial derivado do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que a empresa de Ordes presentou o pasado mes de marzo e que supuxo a perda do posto de traballo para máis de cen traballadoras.

A CNT denuncia que Confecciones Deus é, na realidade, un entramado empresarial ficticio, conformado por máis dunha ducia de empresas creado para levar a cabo prácticas fraudulentas tanto en materia laboral como fiscal e que vulnera os dereitos elementais das súas traballadoras.

CNT denuncia á Panadería Volován

  • Panaderia volvovánA Panadería Volován do Rosal denunciada por non respectar a conciliación familiar dunha traballadora.

CNT vén de presentar demanda nos xulgados por un novo caso dunha traballadora da hostelería á que non se lle respectan os seus dereitos de conciliación da vida familiar, neste caso na Panadería Volován do Rosal.

Os problemas da traballadora xurdiron coa solicitude de concreción horaria ao comunicar unha redución de xornada por garda legal. Os empresarios de Volován non só se negaron a facilitar a conciliación horaria da compañeira senón que lle impoñen agora un lesivo horario que incumpre ademais o establecido no seu propio contrato de traballo.

Concentracións no xulgado en apoio das despedidas/os por Médicos Sin Fronteras

 

  • Novos piquetes de protesta como parte da campaña "MSF explota e despide"
  • Celebrados esta semana os xuízos das últimas compañeiras despedidas en Médicos Sin Fronteras.

Esta semana a CNT Compostela realizou dúas concentracións coincidindo cos últimos xuízos polos despedimentos do pasado outubro dos traballadores e traballadoras que a ONG Médicos Sin Fronteras tiña contratadas para a captación de fondos.