Prensa obreira

Memoria Histórica

Cerdedo : outra volta de porca

Compañeir@s:
O Pleno do Concello de Cerdedo decidira por unanimidade no mes de Abril retirar a placa dunha rúa adicada ao que foi alcalde franquista, xefe local de Falange e falangista destacado xa dende os primeiros intres do golpe militar, Manuel Gutiérrez, presuntamente implicado ademáis na represión producida en Cerdedo no verán de 1936.

Manifesto de C.N.T. frente ao ante-proxecto de Lei de Memória Histórica

Secretariado Permanente do Comité Nacional CNT-AIT

Perante as discusións no Parlamento da Lei de Memória Histórica
Sabemos que as leis nun sistema capitalista como o que estamos a sofrir forman parte dese mesmo sistema e favorecen o seu afortalamento e reprodución. Sabemos que “o que fai a lei fai a trampa” e que as leis serven tamén para dar unha apariéncia de cámbio “e que todo siga igual”. Sabemos que, en calquer caso, o importante dunha lei “progresista” é o seu desenrolo e aplicación se non quere convertir-se en papel mollado con función só propagandística (vexa-se, como exemplo, o direito ao traballo e a unha vivenda que anúncia a Constitución). Sabemos que a Constitución española non supuxo unha “ruptura democrática” coa ditadura franquista senón unha “adaptación” das suas leis à “nova realidade”, e que a Lei de Amnistía de 1977 foi unha “lei de ponto final” que deu toda a impunidade imaxinábel aos responsábeis da criminal ditadura (sob a excusa de sacar dos cárceres franquistas aos presos políticos), facendo-nos partícipes dunha “eterna transición” que deixa pendente de resolución inxustizas lacerantes..

Caso Granado-Delgado, ou o franquismo que segue entre nós

Nestes últimos días ocuparon espazo nos rotativos e tempo nas televisións duas notícias que non poden deixar de relacionaren-se, ainda que os meios de comunicación as apresenten cada unha polo seu lado. Por unha parte, o proceso de Lei de memoria histórica iniciou a sua andadura parlamentar, con opinións divididas à direita e à esquerda.. Por outra banda, o caso dos compañeiros anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado, que voltou sair à lus pública ao denegar a Sala do Militar do Tribunal Supremo a autorización para interpor un recurso para revisar a sentenza que os condenou a morte en 1963. Ben é verdade que dous magistrados, Angel Juanes e José Luis Calvo, opuxeron-se a esta decisión, mais a maioría obtida cos votos dos outros tres magistrados simboliza a pervivéncia, tantos añns despois, do mesmo espírito de crueldade e vinganza que caracterizou a ignominiosa ditadura fascista que padeceu este país por cuarenta anos.

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados de Cerdedo

Setenta persoas asistiron o pasado domingo, 12 de Novembro, á reinauguración do monumento a duas vítimas do fascismo en Cerdedo, homenaxe levada a cabo pola Asociación Cultural Verbo Xido. Francisco Arca e Secundino Bugallo, así se chamaban. Eran militantes da CNT.

Reinauguracion do Monumento en Pedre

Este Domingo dia 12 as 12 da maña no lugar da Ponte do Barco (Pedre)reinugurase o monumento en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, compañeiros da CNT de Cerdedo, asasinados salvaxemente polas hordas fascistas o dia 12 de Agosto do 1936.

Benalup-Casas Viejas. O negócio da "memória"

http://www.cntgaliza.org/files/casasviejasdos.jpg No verán de 2005, o alcalde Benalup-Casas Viejas e Presidente da Deputación Provincial de Cádiz, Francisco González Cabaña, e o promotor do entón Hotel Libertaria, Miguel Ángel Fernández, apresentaron un hotel chamado “Libertaria”, subvencionado con fondos Leader, que ía ocupar entre outros o solar onde, en Xaneiro de 1933, foron asesinados 22 traballadores e traballadoras anarquistas e anarcosindicalistas, veciños de Casa Viejas. Hai que decatar-se que esa matanza se fixo baixo o réximen republicano que con tanto papanatismo andan reivindicando os restos do comunismo en despedida.

Sombras na memória : a represión franquista en Betanzos

Asociación Cultural Eira Vella.

Setembro-Outubro 2006

26/9 Apresentación das Xornadas A Represión franquista en Betanzos e Pelicula "A lingua das Bolboretas"

28/9 Apresentación por Suso García dos filmes "A Sombra Negra" da CNT-Galiza e "Aillados"

"La Voz de Galicia" contra a memória histórica. Canallas !

A CNT quere denunciar públicamente a postura adoitada polo xornal “La Voz de Galicia” en relación con unha esquela que familiares dun cenetista asasinado tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 pretendian publicar no devandito xornal.

A garda civil e a homenaxe en Cangas da xente do mar aos mariñeiros asasinados e desaparecidos

O sábado 26 de agosto asistimos á convocatoria da Memoria Histórica en Cangas, vila tristemente sinalada pola dura represión fascista contra os mariñeiros.

Tres barcos da Memoria Histórica acompañados por decenas de embarcacións percorrimos a amarga rota dos homes e mulleres fondeados na ría.

Apontamentos para a memoria histórica

Cando se fala da Memoria Histórica sobreentendemos que a palabra Historia fai referencia á acepción "Narración verídica dun conxunto de feitos ocorridos no pasado humano e que afectan a un país, a unha persoa, a unha cousa concreta ou a toda a humanidade".