Prensa obreira

Memoria Histórica

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados en Cerdedo

monumento homenaxe cenetistas CNT cerdedo

A Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" de Terra de Montes organiza un acto de reposición da placa no monumento aos mártires cerdedenses Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados o 13 de agosto de 1936 pola sua militáncia cenetista. O acto será o sábado dia 15 de setembro, às 12:30, na Ponte do Barco (Pedre-Cerdedo).

Homenaxe aos compañeiros asasinados do Batallón "Galicia"

homenaxe cenetistas CNT grandas

O dia 11 de agosto, compañeir@s da CNT dos sindicatos de Lugo e Ayer (Asturies), personabamo-nos no alto do Acebo para presenciar a exumacion dos compañeiros do Batallon "GALICIA" e posteriormente facer unha pequena homenaxe. En dita fosa apareceron 7 corpos e sabe-se que hai otra máis un pouco máis abaixo, na que se pensa que hai outros 5 corpos máis, así como outra no cemitério de Grandas.

Corpos de cenetistas asasinados en 1937 serán exhumados en Grandas de Salime (Asturies)

O día 11 de agosto comenzará no concello asturiano de Grandas de Salime a exhumación dunha decena de militantes (a maior parte deles galegos e da CNT) asasinados en outubro de 1937.

O historiador Dionisio Pereira será xulgado o 2 de Outubro

dionisio pereira
O pasado 18 de Xullo nos xulgados da Estrada tivo lugar a vista previa do xuízo por motivo da denuncia presentada pola familia Gutiérrez contra Dionisio Pereira quen mencionara nunha das súas investigacións a R. Gutiérrez como represor na vila pontevedresa de Cerdedo, durante e despois da Guerra Civil ( na vila de Cerdedo habia un sindicato de canteiros da CNT).

Estrea do filme "A Sombra Negra" en Compostela

Estrea do filme A Sombra Negra

O 19 de Xullo às 20 h. estrea en Compostela do filme “A sombra negra” no local sindical da CNT (r/ Garcia prieto 24-28). Filme de 75´ de duración, producido e realizado pola CNT Galaica, no que desde a nosa própria perspectiva, através do testemuño de diversos compañeiros e compañeiras maiores que narran as suas experiéncias antes e despois do golpe militar fascista do 36 (algúns deles infelizmente desaparecidos no entanto) e co obxectivo da recuperación da memória libertária na Galiza.

Homenaxe ao anarquismo coruñés de Atochas-Monte Alto

Organizada pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, o venres 29 tivo lugar n’ A coruña unha homenaxe aos anarquistas represaliados no 37. Através dun percorrido por dez lugares representativos (casas e prazas) do barrio Atochas-Monte Alto, foi rememorada e reivindicada a luz que o movemento libertario herculino ofreceu á sociedade urbana até que o alzamento fascista determinou a súa extinción.

70 cabodano da caída das atochas

CELEBRACIÓN DO SETENTA CABODANO DA CÁIDA DAS ATOCHAS,

ROTEIRO POLO BARRIO ATOCHAS-MONTE ALTO DA CORUÑA

ORGANIZA: COMISIÓN pola RECUPERACIÓN da MEMORIA HISTÓRICA da CORUÑA

LUGAR: Saída do centro do Campo da Leña, (agora Praza de España)

Resplandor das atochas

O Resplandor das Atochas é un xornal de 8 páxinas editado na cidade da Coruña pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
Este xornal lembra a matanza e desertallamento da Federación Anarquista Iberica e da CNT herculina do verán de 1937. O Xornal moi ben editado vaen acompañado de importantes documentos graficos dos feitos, dos lugares e das familias dos anarquistas coruñeses.

Casas Anarquistas de Mulleres Libertárias

A CNT da Galiza ven de sacar á luz un interesante folleto da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Blanco, titulado "Casas anarquistas de mulleres libertarias”. A resisténcia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936. O que comezou sendo unha charla en Pontevedra, rematou por se converter nun folleto, editado pola CNT (Confederación Nacional do Traballo), onde se narra a organización e compromiso das mulleres anarquistas naqueles primeiros anos do fascismo que actuaron xenerosa e solidariamente para intertar librar dunha morte segura a decenas de sindicalistas da CNT, de mulleres afiliadas a Mulheres Livres e de anarquistas da FAI (Federación Anarquista Ibérica) e da Federación Ibérica de Xuventudes Libertárias. Arriscaron a sua vida para salvar a persoas que non tiñan que ver co movimento libertário.