Prensa obreira

Memoria Histórica

Charla mércores 16 "Curuxás, o último guerrilleiro"

O vindeiro mércores, 16 de novembro, ás 20 h.

Xornadas "Memoria Dun Tempo.1930-1940, anos de luz e escuridade"


Durante os anos 30 pequenos concellos como Mañón (norte da Coruña) pasaron da esperanza á desesperación.

A esperanza posta por unha parte da poboación en Galicia, e por outra na CNT, neste caso coa creación en xuño de 1936, do Sindicato da Industria da Pesca de O Barqueiro, truncada polo golpe militar fascista, que deixou no concello un rastro de represión, sangue e escuridade.

Compostela homenaxe às “Marias”

marias
Diversos colectivos de Compostela comemoraron o 75 cabodano do alzamento fascista do 18 de Xullo de 1936, en un acto às 2 do meio-dia en homenaxe às “Marias”, “as duas en ponto”, relembrando a estas duas irmás da libertária saga dos Fandiño Ricart, pola sua reivindicación de liberdade “en tecnicolor” encontra da grisalla fascista.

Inaugorouse o monumento aos 600 mortos do fascismo na comarca da Coruña + Video

files/memorial

tirado da páxina Betanzos Libertario.

Memórias rotas: A balada do comandante Moreno en Compostela

10/06/2010 20:30

cartaz memorias rotas manane rodriguez eliseo fernandezEste xoves 10 de Xuño terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada).

A CNT na homenaxe a Ánxel " Cariño López"

O pasado sábado 22 de maio de 2010, o concello de Cariño e maila Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica organizaron unha homenaxe a Ánxel Rodríguez Leira, " Cariño López", e outros combatentes pola liberdade, participantes na compañía " A Nove", que liberou París dos nazis na 2ª Guerra Mundial.

A bandeira da CNT, organización na que militou o compañeiro Ánxel, non podía faltar no evento, así que vari@s compañeir@s do sindicato de Ferrol achegamonos a Cariño para acompañar a familiares e achegados neste recoñecimento público que chega, como pouco, corenta anos tarde.

CNT, 1910-2010: Un século de anarco-sindicalismo

centenário CNTEste ano que comeza, a Confederación Nacional do Traballo fai cen anos. Son cen anos de compromiso coas liberdades, coas dignas luitas das clases operárias e desposuidas. Son cen anos enfrentando todo tipo de represións, pero tamén cen anos de distintos éxitos en diferentes níveis, cen anos de contribuir para a auto-emancipación da clase traballadora, cen anos de intentar estar mási cerca da utopia revolucionária que guia as nosas vidas. Son cen anos de duro traballo, no que milleiros de mulleres e homes deron a sua vida enteira na luita por recuperar a liberdade e dignidade de que nos desposuen o capitalismo, a relixión, o fanatismo. E milleiros de homes e mulleres continuar dia a dia esta luita que non terá fin até a completa emancipación da clase traballadora.

Memórias rotas (A balada do comandante Moreno)

cartaz memorias rotas manane rodriguez eliseo fernandezO vindeiro xoves 7 de Xaneiro terá lugar no Teatro Rosalia da Coruña a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada). O acto será as oito da tarde e contará coa presenza da directora, Manane Rodríguez, e diversos membros do equipo e colaboradores, entre eles Eliseo Fernández, militante da CNT de Ferrol e historiador do anarquismo galego, que elaborou o guión do documental.