Proxeción do filme Fóra e coloquio cos directores

A CNT de Compostela proxectará o filme Fóra, filme que, dirixido por Pablo Cayuela e Xan Gómez, conta a historia do barrio de Conxo en función do espazo nuclear do hospital psiquiátrico, en base ao que apresentan diversas reflexións sobre a loita obreira de onte e de hoxe, a psiquitría, a enfermidade... A proxeción será o xoves 21 de Marzo, ás 20:00, no local da CNT (García Prieto, 24-28) e contaremos coa presenza dos directores.
A CNT presenta a súa denuncia contra o xenocidio franquista
A Confederación Nacional do Traballo presenta publicamente a denuncia que aportou o pasado mes de decembro á causa que se tramita nos xulgados arxentinos e que pretende axuizar o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades persoadas no procedemento.
A CNT denuncia na Arxentina o xenocidio franquista
A Confederación Nacional do Traballo ven de presentar este 19 de decembro na Arxentina unha denuncia contra os crimes do franquismo, dentro do proceso que se tramita nese país contra o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas ante os xulgados arxentinos por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades comparecentes no procedemento.
Homenaxe ás vítimas do franquismo
A Asociación Liste Forján celebra este sábado 10 de Novembro, no Auditorio de Teo, unha xornadas de homenaxe ás vítimas do franquismo, que inclúe diferente
Homenaxe a Marcial Villamor

A CNT, Adiante a a CUT homenaxearán esta semana á figura de Marcial Villamor, militante obreiro e anarcosindicalista asasinado polo fascismo en 1937. Os actos da homenaxe son os que seguen:
Celebración das 'II Xornadas "Memoria dun tempo' en O Barqueiro
Os vindeiros días 23, 24 e 25 de agosto celebraranse en 
O Barqueiro as "II Xornadas "Memoria dun tempo", organizadas polo Colectivo 'Memoria e Dinidade'.
En memoria de Vicente Vales e Emilio Costas
Queríaselles sepultar no presidio por moitos anos por un delito que, de telo cometido, nunca mais xusto e razoado posto que tendía a evitar, e evitou, males maiores.
Fragmento da noticia da absolución no xornal Solidaridad Obrera.
Este 17 de Maio celébrase o dia das letras galegas, nesta ocasión adicado ao industrial vigués Valentín Paz Andrade.
Nós imos facer a memoria dos pobres, dos humildes, dos perdedores. Dos nosos compañeiros, que foron heroes.
Dos que tiveron a raiba, a dignidade e o valor de pegarlle cinco tiros ao canalla de Paz Andrade.
Chamábanse Vicente Vales Lorenzo e Emilio Costas Fernández, e eran anarquistas.
Charla debate. Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois

Com motivo do quadragésimo aniversário dos acontecimentos de Março do 72, onde primeiro na nossa cidade e depois em Vigo emergiu a classe obreira como protagonista na luita popular, na Fundaçom Artábria queremos contribuir para a comemoraçom das grandes jornadas de luita ocorridas na nossa comarca e nas quais fôrom abatidos os trabalhadores de Bazán Amador Rei e Daniel Niebla, vítimas dos disparos da polícia fascista.
Os atos darám começo quarta-feira, 7 de março às 20.30hs com um Colóquio sob a legenda Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois, no qual contaremos com as seguintes participantes: Jesus A. Lopes Pintos (CIG); Xávi Porto (CNT); Xaquín Garcia Sinde (O Militante) e Rafael Pilhado, ex-sindicalista.
Charla mércores 16 "Curuxás, o último guerrilleiro"
O vindeiro mércores, 16 de novembro, ás 20 h.
Xornadas "Memoria Dun Tempo.1930-1940, anos de luz e escuridade"
Durante os anos 30 pequenos concellos como Mañón (norte da Coruña) pasaron da esperanza á desesperación.
A esperanza posta por unha parte da poboación en Galicia, e por outra na CNT, neste caso coa creación en xuño de 1936, do Sindicato da Industria da Pesca de O Barqueiro, truncada polo golpe militar fascista, que deixou no concello un rastro de represión, sangue e escuridade.







