A antorcha e o PP
Fai tempo que tiñamos intención de escreber este artigo; con todo, íbamos demorando facé-lo pois, ainda que temos moita información, debido a investigacións exhaustivas, parecía-nos imposíbel ou, tambén, exaxerado o que chegaba até nosoutros.
Continuan os incéndios na Galiza

Hoxe erguiamo-nos coa notícia de que a Serra do Caurel, unha das zonas de maior riqueza ecolóxica e ambiental da Galiza, levaba toda a noite a se queimar en diversos pontos.
20.000 persoas saen à rua contra a vaga de lumes

Convocadas pola Plataforma Nunca Máis, a Plataforma contra os incéndios e a CNT, entre outras organizacións, 20.000 persoas manifestaron-se onte nas ruas de Compostela para facer visíbel a sua indignación ante a catástrofe meio-ambiental que devastou a Galiza nos primeiros dias de Agosto.
Manifestación contra o lume. Domingo dia 20 às 12:00 na Alameda de Compostela
Perante a convocatória por parte da Plataforma Nunca Máis dunha manifestación baixo os lemas "GALIZA CONTRA O LUME", "Paremos o terrorismo incendiario" e "Por un cambio nas políticas para o noso monte" de CNT queremos manifestar:
Os grandes beneficiarios dos lumes
Soben fumo e chamaradas até case tocar o ceo.
E aquí,
entre cinza e árbores calcinados,
o campo xeme doente
por como o trata o home anque come do seu pan.
A perversión do sistema capitalista
Na mudanza que a nivel mundial se está a producir e que leva o nome de Neoliberalismo e Mundialización, este País non podía ficar fóra.
Coas suas particularidades, coa sua história, cos seus recursos. A queima incontrolada do monte en Galiza, os lumes terroristas que prenderon os catro pontos cardinais do País teñen unhas orixes diversas mais hai algo que non se nos escapa: hai intereses inmobiliarios. Haberá que seguir as pegadas dos grandes grupos construtores galegos e non tan galegos para ver en que remata a xogada incendiária.
O governo tamén é responsábel
Se ben hai meses recebemos a boa notícia de que este ano a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galiza ia invertir un maior orzamento para os traballos de prevención dos incéndios (37 millóns de euros dos 69 destinados á loita contra o lume) o certo é que este ano conta-se con menos meios que nunca para afrontar a temporada de incéndios.
A web Consellaria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible non informa da vaga de incéndios
Hoxe, día 11 de agosto de 2006, compañeiras experimentadas realizaron unha pescuda na Internet para localizar novas e informacións várias sobre os lumes que traen a ruina aos montes da Galiza. Como era lóxico, remataron acudindo á web da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que un empoleirado Pachi Vázquez da a benvida, con pose institucional e aires napoleónicos.
2000 persoas saen á rua para protestar contra os incéndios

Convocadas espontáneamente, aló menos duas mil persoas participaron nunha concentración e posterior manifestación para expresar a sua raiba, dor, tristeza, ante a vaga de incéndios que desde fai unha semana está a devastar a nosa terra.
Estado + Capital = Terrorismo meio-ambiental
Unha vez máis, un ano máis, asistimos con desesperación á queima descontrolada do monte na Galiza. Unha vez máis terroristas meio-ambientais levan a cabo un ecocídio que se repite constantemente na Nosa Terra. Os galegos e as galegas estamos fartos de ver como se destrue repetidamente este País en nome dos intereses do Capital galego e de fóra.






