Prensa obreira

Social

A CNT non é un sindicato ao uso. A CNT é anarco-sindicalista, quer dicer un sindicato de ideas anarquistas. A proxección da CNT atinxe todos os campos da nosa vida diária e incide en todos os problemas que nos poden afectar como traballadoras e traballadores. O anarquismo desde sempre tivo unha grande preocupación polo meio ambiente, pola natureza, pola igualdade e solidariedade entre as persoas e os povos, pola cultura. A parte anarquista da CNT fai-nos estar contra o poder, contra a opresión de calquer grupo ou comunidade, e portanto, foi-se elaborando ao longo dos anos un discurso que axudou e axuda para saber co que nos temos que enfrentar. No VII Congreso de Granada foron-se plasmando no papel unha série de acordos en vários campos:

 

A Muller

Desde tempo imemorial, a muller foi obxecto de marxinacións en todos os campos: laboral, económico, social, educativo, etc. Como todo ser humano, está oprimida, polo inimigo común da clase obreira: capitalismo, estado, exército..e como o resto dos compañeiros deberá loitar conxuntamente sen diferéncia de sexo, idade ou raza, contra ese inimigo común xa que a liberación como muller ten que vir conxuntamente coa liberación da Clase Obreira.

Mais, o sexo fai que a marxinación e discriminación das mulleres sexa máis forte e a própria sociedade situa-a nun papel socialmente inferior ao do varón:

A) Laboralmente a muller ve-se discriminada no salário. En España as mulleres cobran de média un 30% menos do que os homes. Por outro lado, a muller engrosa as filas do desemprego en maior número que os seus compañeiros do sexo masculino. Igualmente, a economia mergullada e os empregos precários como o servizo doméstico, nutren-se na sua maioria por mulleres, xa que nos traballos como o de empregada do lar por horas, non teñen direito a Seguridade Social e non chegan a cobrar o salário mínimo interprofisional. Un problema grave é que, segundo cifras facilitadas, unha alta porcentaxe de mulleres sofren acoso sexual por parte dos seus compañeiros de traballo, refrexo claro da falta de consciéncia dos traballadores, promovida polas próprias instáncias do poder que se dedican simplesmente ao tema das cuotas de participación, e non a tentar resolver o cotidiano das mulleres traballadoras. Ao Estado e ao Capital, inimigos eternos da clase traballadora, interesa-lles que a muller non acceda en igualdade ao mundo asalariado, posto que levaria a unha remuneración dun maior número de man de obra. O que lles interesa é ter as mulleres na reserva por se fan falta en época de crise. Moitos homes, non conscientes desta idea, non enfocan para nada o tema desde o ponto de vista do vello postulado anarco-sindicalista "Traballar todas para traballar menos".

B) A nivel familiar a muller ve-se relegada, só polo feito de se-lo, às funcións de esposa e nai, co cal non se posibilta a sua emancipación, dependendo economicamente do home, convertindo-se nunha espécie de "escrava" do lar. Engadido a este problema temos outro e é que as mulleres traballadoras teñen unha xornada laboral dupla: na casa e fora.

C) A nivel ideolóxico o ensino foi tradicionalmente fondamente patriarcal e machista. Nel inculcan-se os valores de que o "home" é un ser dinámico, con iniciativa, identificado coa idea do poder e da forza. Pola contra, asimila-se a idea de "muller" como débil, carente de intereses políticos, culturais ou sociais... e con actitudes de pasividade derivadas da asimilación do rol asignado. A imaxe da muller na publicidade, imprensa... é a de obxecto decorativo a maior parte das veces.

D) O aspecto educativo converte-se na base de toda actitude posterior. Desde pequenas impoñen-se-nos uns determinados valores en función do sexo que marcarán a posterior actuación na nosa vida como adultas.

E) No terreno sexual demandariamos o seguinte:

1º Información sexual: Toda a sexualidade responsábel require unha información adecuada. Propón-se plantexar e exixir campañas de información sexual nos centros de ensino, centros de planificación "familiar" e meios de comunicación.

2º Anti-conceptivos: Pensamos que xa vai sendo hora de que sexan proporcionados de xeito universal anti-conceptivos gratuítos.

3º Aborto: Os embarazos non desexados seguen à orde do dia, e para que a maternidade sexa libremente escollida, fai-se necesário que o aborto sexa livre e gratuíto. Tendo en conta que o aborto pode ser traumático fai-se preciso que sexa realizado en condicións óptimas, en centros hospitalários, para evitar calquer lesión física ou psíquica.

F) Por último a CNT rechaza rotundamente o acceso da muller aos órgaos de represión do Estado, como o Exército ou Polícia, Guardia Civil. Esta pretendida "igualdade" dada polo Estado soma-se à represión colectiva.

A exixéncia dun posto de traballo para todas en igualdade de condicións e retribuizón debe ser un dos nosos obxectivos.

Por outra parte temos que demandar a realización de servizos sociais gratuítos de face a satisfacer as necesidades das persoas que traballan (guardarias, comedores,etc). Outro frente de loita será pola erradicación sexista do ensino que como xa comentamos vai en detrimento da muller. E, sobretodo, unir-nos para loitar polos nosos direitos todas e todos.

 

O Ecoloxismo

A C.N.T., como Sindicato Anarco-sindicalista no pode esquecer os seus princípios ecoloxistas, temos que reflexionar seriamente sobre este problema que leva ao ser humano e ao planeta a un constante perigo de existéncia.

A sociedade actual está a facer dano ao Planeta a níveis tais que superan a capacidade de auto-aseamento da Terra. Estamo-nos acercando cada vez máis, ao momento en que o Planeta non poderá manter a espécie humana nen formas de vida que se foron desenvolvendo en miles e millóns de anos de evoluizón orgánica.

É preciso decatar-se de que as forzas que conducen a sociedade face a destruizón planetária ten raíces nunha economia mercantil, de "medras ou morres" nun modo que debe expandir-se en canto ao sistema competitivo (consumo). Dado un mundo competitivo no que cada un de nós está reducido ao papel de comprador ou vendedor no que cada empresa debe de extender-se nun contexto económico de abutres, o crecimento ilimitado é inevitábel.

Eufemismos como sociedades tecnolóxicas, industriais, termos tan difundidos na literatura ecolóxica contemporánea, tender a tampar con expresións metafóricas, a brutal realidade dunha Sociedade Predatória.

A tecnoloxia e indústria son apresentados como os protagonistas perversos deste tema, en lugar do mercado e da ilimitada acumulación de Capital, sistema que se comerá a biosfera inteira. A C.N.T. portanto aspira a un cámbio social que permita mudar as relacións coa natureza.

Premisas básicas desa transformación (Revolución Social) ten que ser a desaparición do Estado, da propriedade privada e das clases sociais. O ecoloxismo aspira a unha sociedade autoxerida, en todos os ámbitos, polos seus membros. No entanto non se consiga isto, as relacións coa natureza serán de agresión, xa que os últimos derivan dos primeiros.

A sociedade humana forma parte da sociedade natural. Todas as leis que regulan a natureza tamén regulan a vida humana, por outra parte o significado de tais relacións ten un senso duplo: o que ocorre nunha ocorre, necesariamente, na outra. A natureza é un todo orgánico, o que significa que calquer agresión, por moi local que sexa, afecta a todo o organismo.

Por desgraza, a maior parte das culturas humanas preocuparon-se máis por explotar a natureza que por coñecer os seus mecanismos de funcionamento. Os nosos plantexamentos poden desenvolver-se arredor das seguintes actividades:

A)Difusión dunha ideoloxía de conteúdo pacifista, anti-militarista e de protección do meio-ambiente en todos os campos: cultural, laboral, social. etc.

B)Información aos traballadores e traballadoras e reivindicacións sindicais concretas nos diferentes sectores e aspectos de hixiene no traballo, con vistas a mellorar e a protexer o meio-ambiente e o sindical.

As reivindicacións e pontos de apoio nas loitas poderia ir no seguinte senso: Que as fontes enerxéticas teñen que abandonar aquelas que están baseadas en recursos finitos (todos os combustíbeis fóseis que coñecemos) e aproveitar os infinitos (enerxia solar, eólica, etc.)., as indústrias deberán ser non contaminantes e integradas no meio. Frente à caréncia de recursos minerais e doutro tipo haberia que ir à reciclaxe e à re-utilización, e frente à produción pola produción utilizar unha de tipo lóxico destinada a satisfacer as necesidades dos seres humanos.

Agricultura

Controlo de abonos e fertilizantes, exixir meios adecuados para cando se traballe con produtos tóxicos.

Xornada laboral adecuada à estación (evitar o exceso de frío ou calor). Controlo da cualidade dos produtos.

Gandaria

Controlo de sanidade e hixiene nos centros de traballo.

Controlo do proceso de produción con vistas a evitar o uso de produtos prexudiciais para a saúde.

Meios de depuración en caso de vertidos.

Construción

Normas de seguranza e hixiene nos centros de traballo.

Controlo sobre a cualidade das vivendas.

Controlo da planificación urbana para evitar a especulación do chan.

Garantir a existéncia das zonas verdes e de lecer.

Destacamos a importáncia que para a Construción do meio no que vivimos ten que haber unha boa planificación urbanística das cidades e economia das matérias primas, polo que entendemos que a CNT ten que traballar neste campo, contra os intereses de la especulación inmobiliária e das multinacionais…etc

Sector Industrial

Controlo de la seguranza e hixiene laboral nos centros de traballo por parte dos traballadores e Seccións Sindicais (luminosidade, ventilación, limpeza, medidas de protección, controlo sobre o uso de produtos tóxicos, ...). Nas indústrias de alimentacións os traballadores e traballadoras deben participar para controlar a cualidade dos productos, e no resto das indústrias o controlo debe-se facer sobre medidas de seguridade para evitarmos acidentes, e a exixéncia de meios de depuración nos vertidos ao ar e águas.

Servizos

Nos diferentes servizos à Comunidade (Sanidade, Educación, etc.) as traballadoras deben participar en aspectos tais como: hixiene nos centros, limpeza, ventilación, luminosidade, espazos axeitados, materiais usados, móbeis, maquinárias, etc., procurando a saúde no traballo, evitando posíbeis enfermidades laborais por toxicidade, contaminación ambiental, etc.

No transporte debe llevar-se a cabo unha procura de alternativas para o aforro de enerxia e reducir a contaminación (potenciación dos transportes colectivos). Promover e desenvolver estudos meio-ambientais. Para oferecer unhas propostas alternativas concretas referentes à potenciación do meio-ambiente.

1º Exixéncia de utilización de meios de depuración de líquidos e do ar nas fábricas, para evitar fumos, contaminación de águas, etc.

2º Ordenación urbana, que permita alonxar as indústrias dos núcleos urbanos habitados.

3º Procura do uso de enerxias renovábeis (eólica, solar,...) e ir substituíndo as actuais enerxias non renovábeis que supoñen un alto custe ecolóxico (centrais nucleares, térmicas, ...) e prexudican toda a eco-esfera.

4º Desenvolvemento da reciclaxe das matérias primas (papel, vidro, alumínio, etc.), para o aforro de enerxia, de matérias primas e para unha mellor conservación dos espazos ecolóxicos: aforrar - reutilizar - reciclar

5º Defesa das zonas naturais. Repoboazón forestal primando as espécies autóctones.

6º Utilización racional dos recursos naturais. Regulamentación racional da produción-consumo (producir menos e reparti-lo mellor).

7º Procura da eficiéncia enerxética: encauzar a investigación sobre as enerxias, de xeito de que un dos obxectivos principais sexa o aforro de enerxia.

Sendo a nosa Organización pioneira no campo ecoloxista e naturista por princípio non debemos permitir agora que abandeiren e terxiversen o ecoloxismo os chamados partidos verdes, formacións políticas ou seitas.

A C.N.T. debe participar e asumir a defesa da natureza e do entorno do ser humano contra cualquer agresión e ao tempo loitar e reivindicar por unha auténtica Sociedade-Social-Radical no contexto libertário e por entender que esta loita non está en absoluto desvinculada do mundo do traballo.

- Por unha Sociedade Ecolóxica Social-Radical.

- Por una Tecnoloxia ao servizo da natureza e do ser humano.

- Por un mundo sen hierarquias, sen clases e sen Estado.

 

Anti-Militarismo

O militarismo é unha escola de violéncia, nega todas as liberdades ao indivíduo, baseando-se na submisión hierárquica e autoritária. Poderiamos definir o militarismo como a série de valores e institucións de que se dotan as sociedades estatalizadas, clasistas e explotadoras. Por iso, negamo-nos a que o estado tome o papel de fiscalizador da própria individualidade: a Liberdade.

A definición válida de anti-militarismo é a de "movimento social que aspira non à disolucións das institucións militares, senón tamén à eliminación de todos os valores de dominación".

O militarismo impregna toda a vida social: As hierarquias laborais, que se opoñen a horizontalidade precisa para podermos avanzar os traballadores e traballadoras na nosa emancipación ; a delegación polo voto en uns/unhas traballadoras que despois non traballan e deciden por nós ; o uso de uniformes pseudo-militares no traballo ; as categorias e sub-categorias dentro do mesmo traballo…

O militarismo mata desde o momento en que o ministro asina a partida de orzamentos dedicados ao Exército. Mata porque se desvian grandes cantidades de diñeiro que fan falta en outros campos (educación, meio-ambiente, sanidade, servizos públicos). Mata tamén, pois a maioria das armas producidas polos países industrializados serven como moeda de troca para os países do «Sul», que mantén conflitos bélicos, para roubar as matérias primas. E, curiosamente, matan aos de abaixo, nunca aos altos mandos nen xefes de estado. Atenta contra a sociedade civil através de inxeréncias políticas, que culminan moitas veces en ditaduras militares.

O militarismo boicotea as folgas obreiras facendo función de rompe-folgas e esquirois (como bons guardiáns que son dos intereses das clases dirixentes). Eles non precisan reivindicacións laborais nen levar adiante loitas sociais na procura de melloras.