Nen recortes de direitos, nen reforma laboral
Onte dia 20 de Maio, a CNT concentrou-se diante das oficinas do Servizo Público de Emprego, para denunciar a política neoliberal do governo español, única política posíbel nun sistema de libre mercado globalizado. Neste sistema, a cor dos partidos é absolutamente irrelevante: o poder soberano reside no capital. A única solución posíbel é mudar o sistema.
Concentración: nin un recorte mais para a clase traballadora
O xoves dia 20 as 18:00 horas fronte a subdelegación do governo de Pontevedra os traballador@s da administración da CNT sumamonos aos demais sindicatos para esixir nin un recorte para a clase traballadora.
Hai que sair á rua .... cando as barbas do teu viciño vexas pelar….
Desde hai tempo viña-se denunciando en CNT a situación de expólio nos nosos direitos que esábamos a sofrir a clase traballadora e agora, polo momento, hai unha volta de porca máis con dez medidas anunciada polo goberno de ZP, que como é moi guiado, quere cumprir ao pé da letra o que lle manda o FMI e as grandes corporacións. Ataca-se en primeiro lugar polo lado máis doado : o sector público, e temos que dicir empregados públicos e non funcionários porque o que se está a falar nesta altura é de “persoal do sector público” no que estarían afectad@s todo o persoal das administracións sexan ou non funcionárias, agás as persoas que están nas subcontratas que cada vez son máis. Esta medida, unida á da conxelación na oferta de prazas, levará a unha externalización maior dos servizos, ou sexa que na prática levará a unha privatización maior do público como temos no caso da sanidade (hospital deVigo e a comunidade de Madrid).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9






