Prensa obreira

Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

CNT pon en marcha unha nova campaña de mobilizacións e chama a estender a convocatoria de folga xeral do 26S

CNT non te pares ante os recortes

A CNT iniciará nas próximas semanas unha nova campaña de mobilizacións que terá como obxectivo aos responsables e aos beneficiarios das políticas que, contra a clase traballadora, están a impulsar os distintos gobernos e as institucións europeas, ao servizo da banca e a gran patronal.

En clítica do goberno, os recortes na protección aos traballadores oncreto, o 30-31 de agosto, CNT realizará accións e mobilizacións ante as oficinas do desemprego a nivel estatal, para denunciar a situación de paro masivo que está a provocar a poe traballadoras en paro e defender as alternativas da CNT ante este problema.

En marcha cara á folga xeral

cnt cut manifestacion recortesÉ un feito que a clase traballadora do país comeza a estar farta da explotación qeu sufre por parte da clase empresarial e da dominación e a precariedade á que a reduce a clase política. Cunha porcentaxe inxente de persoas desempregadasd, con descensos de salarios permanentes, con recortes asistenciais constantes, a clase traballadora percibe a rúa como lugar natural no que recuperar o que lle está a ser roubado.

Á rúa contra os novos recortes do goberno

19/07/2012 20:00

cadeasUnha vez máis, como todo o mundo agardabamos, o PP ataca cunha batería de recortes aos dereitos da clase traballadora. Desde a CNT levamos unha campaña continua contra toda a serie de recortazos que Rajoy e o PP, igual que antes Zapatero e o PSOE, perpetran contra a clase traballadora. Cremos que é necesaria e urxente a preparación dunha nova folga xeral como resposta contra estes novos recortes e como aviso contra outros que virán (porque virán máis). Seguindo esta campaña, convocamos xunto coa CUT unha concentración de protesta o próximo mércores 18 de Xullo às 20:00 na Praza de Galiza.

Á rúa contra os novos recortes do goberno.

Unha vez máis, como todo o mundo agardabamos, o PP ataca cunha batería de recortes aos dereitos da clase traballadora. Desta vez tocou a suba do IVE, casualmente o imposto que pagamos por igual os pobres e os ricos, a rebaixa na prestación de desemprego (unha traxedia nun estado que conta cun cuarto da poboación desempregada), elimínase de golpe unha paga extra ao persoal funcionario, recúrtanse as axudas á dependencia, eliminanse diferentes beneficios fiscais... É o momento de que a clase traballadora tomemos o mundo nas nosas mans, de que comezemos a saír continuadamente á rúa, de comezar a articular loitas que pulen por un cambio total do mundo, do sistema produtivo, do sistema económico e politico. A miseria chama na nosa porta, será entón o momento de abrir a porta e botar-se á rúa.

Desde a CNT levamos unha campaña continua contra toda a serie de recortazos que Rajoy e o PP, igual que antes Zapatero e o PSOE, perpetran contra a clase traballadora. Cremos que é necesaria e urxente a preparación dunha nova folga xeral como resposta contra estes novos recortes e como aviso contra outros que virán (porque virán máis). Seguindo esta campaña, convocamos xunto coa CUT unha concentración de protesta o próximo mércores 18 de Xullo às 20:00 na Praza de Galiza.

Ante os recortes de dereitos, é a hora de loitar

O goberno de quenda, o de Rajoy, comunicou onte as medidas que as institucións políticas e financeiras europeas impuxeron como contrapartidas ao rescate da banca. As medidas anunciadas pon fin ao espectáculo de mentiras das últimas semanas, coas que o goberno pretendía vendernos un rescate que non era un rescate e que non esixía novos recortes.

A CNT rexeita a aprobación da reforma laboral

Catro meses non crearon unha rebelión no Parlamento. Nin o esperabamos. Aprobouse a flamante reforma laboral do PP, a cal libera ao empresario de calquera incomodidade á hora de desfacerse dos seus traballadores, e de facer con eles o que el considere. Unha reforma laboral que destrúe e non crea. Destrúe calquera vestixio de emprego digno que nos quedaba neste país.

Manifestación CNT Galiza. 26 maio na Coruña, Nin recorte de dereitos nin reforma laboral

26/05/2012 18:00

O sábado 26 de maio, as 18:00 nas conchiñas comenzará a manifestación da CNT Galiza na Coruña co lema "Nin recorte de dereitos nin reforma laboral".

Haberá un autobús que pasará por Vigo, Pontevedra e Compostela. Se queres vir ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.

Crónica da última concentración no Toural

O pasado mércores 25 de abril, malia unha pertinaz choiva fría, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos na praza do Toural, tal e como vimos facendo dende hai muitos meses dentro da campaña "Nin recorte de dereitos nin reforma laboral".

Concentración na praza do Toural, mércores 11 de abril ás 19.00

11/04/2012 19:00

Despois do éxito da xornada de folga do pasado 29 de marzo, consideramos importante seguir loitando na rúa na defensa dos nosos dereitos e contra os ataques do estado e do capital.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Marzo 2010 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031