8M: folga xeral feminista

Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

 

Pan, Traballo, Teito... Dignidade - Xornadas de loita do 24 ao 29-N

As Marchas da Dignidade volvemos saír á rúa para gritar ben alto PAN, TRABALLO, TEITO... DIGNIDADE. Saímos á rúa porque nos atopamos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de urxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a mayoria social e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Centos de miles de familias perderon a súa casa. Gran parte da mocidade vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro. Ás mulleres quérennos quitar o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos. Aos pobos néganselles o dereito a decidir. Seguen recortando en saúde, educación, dependencia, etc... enganaron aos nosos maiores coa estáfa bancaria das preferentes. Estamos asistindo ao roubo de dereitos e ao empobrecimiento xeneralizado da maioría social e todo en nome do pago dunha débeda ilexítima e odiosa que non contraeron os cidadáns e cidadás.

Convocatoria Asemblea Aberta no Ateneo. Mércores 29 ás 20 h.

29/10/2014 20:00

Dende o Sindicato CNT de Ferrol invitamos aos demais sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía a participar nunha asamblea aberta coa intención de organizar una movilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as suas institucións.

SOV CNT Ferrol participará da manifestación contra a represión sindical

30/06/2014 20:00

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol participará o vindeiro luns 30 de xuño ás 20 h.

Concentración + performance en Vigo este venres pasado na sé do PP

 

Seguindo co programa da campaña local "Marzo antirrepresivo" iniciada xa hai unhas cantas semanas, a CNT-AIT de Vigo saíu á rúa este venres pasado 21 de marzo baixo a convocatoria dunha concentración diante da sé do PP.

Proxección "Un año de dictadura en España en imágenes" en Vigo

 

Xoves 27 de marzo 

En CNT-AIT Vigo ás 20:00h

Concentración na sé do PP en Vigo

 

Este venres 21 de marzo ás 18:30h diante da sé do PP

R/Areal, nº 50, entrechán.

Comunicado en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Dende o SOV CNT Ferrol comunicamos que participaremos nas mobilizacións e asembleas que se convoquen na cidade en apoio as Marchas pola Dignidade convocadas para o 22 de marzo que confluirán en Madrid

Concentración en Compostela "Por unhas pensións dignas para tod@s"

Ante o novo ataque que o goberno do PP está a perpetrar contra outro dos nosos dereitos básicos, e dentro da xornada de loita convocada pola CNT a nivel de todo o Estado baixo o lema "Loita por unhas pensións dignas para tod@s. Pola distribución do traballo e da riqueza", a CNT de Compostela convoca unha concentración en defensa do sistema de pensións, o vindeiro xoves 26, às 19:30 na Praza do Toral. 

Valoración das consecuencias para os traballadores da fin da ultraactividade dos convenios colectivos

A reforma laboral de 2012 introduce no Art. 86.3 do Estatuto dos Traballadores unha modificación substancial do réxime xurídico da prórroga ou ultraactividade do convenio colectivo até entón vixente.

A nova redacción estabelece que desde a denuncia(1) dun convenio colectivo estatutario, este só manterá a súa vixencia como máximo un ano, salvo que o propio convenio teña unha cláusula específica que estabeleza o contrario, ademais da introdución dunha arbitraxe obrigatoria(2) para a solución de discrepancias unha vez esgotado o proceso negociador.

A C.N.T. ante a fin da ultraactividade dos convenios

A favor dos dereitos, en contra da explotación

8 de Xullo, esta data non debería pasar desapercibida para ningún/a traballador/a, xa que marca un antes e un despois para os nosos dereitos laborais e as nosas condicións de vida. Dito doutra maneira, o poder económico -patronais- e o poder político -gobernos e partidos- asestaron outro duro golpe á clase obreira: os convenios colectivos comezarán a ser historia, sobre todo os provinciais. A súa implantación e duración teñen data de caducidade.