Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Reforma das pensións

Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

 

Pan, Traballo, Teito... Dignidade - Xornadas de loita do 24 ao 29-N

As Marchas da Dignidade volvemos saír á rúa para gritar ben alto PAN, TRABALLO, TEITO... DIGNIDADE. Saímos á rúa porque nos atopamos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de urxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a mayoria social e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Centos de miles de familias perderon a súa casa. Gran parte da mocidade vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro. Ás mulleres quérennos quitar o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos. Aos pobos néganselles o dereito a decidir. Seguen recortando en saúde, educación, dependencia, etc... enganaron aos nosos maiores coa estáfa bancaria das preferentes. Estamos asistindo ao roubo de dereitos e ao empobrecimiento xeneralizado da maioría social e todo en nome do pago dunha débeda ilexítima e odiosa que non contraeron os cidadáns e cidadás.

Convocatoria Asemblea Aberta no Ateneo. Mércores 29 ás 20 h.

29/10/2014 20:00

Dende o Sindicato CNT de Ferrol invitamos aos demais sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía a participar nunha asamblea aberta coa intención de organizar una movilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as suas institucións.

Crónica da xornada de loita en defensa das pensións

Salvemos as pensiónsEste sábado 9 de novembro tiveron lugar as primeiras mobilizacións conxuntas en defensa das pensións artelladas en Galiza polo sindicalismo alternativo (CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG) e os movementos sociais como parte da iniciativa "Salvemos as pensións" (http://salvemosaspensions.blogspot.com/).

Salvemos as pensións!

Salvemos as pensiónsOs sindicatos CNT, CUT, STEG, SF-INTERSINDICAL, COG E CGT, acordamos saír á rúa en defensa das pensións nas principais cidades de Galicia, en manifestacións baixo o lema “Salvemos as pensións” que se levarán a cabo o sábado día 9 de novembro nas poboacións de A Coruña (12:30h. Praza de Portugal.), Santiago de Compostela (11:30h. Porta do Camiño) e Ourense (11h. Edificio Seguridade Social, Parque San Lázaro), e en Vigo o día 21 de novembro (20h. Praza de Fernando o Católico).

En defensa das pensións

Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.
Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.
Central Unitaria de Traballadores (CUT)
Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT)
Confederación Xeral do Traballo de Galiza (CGT)

Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

26S: Crónica da xornada de loita polas pensións

Este pasado xoves 26 de setembro, no marco da Xornada de loita en defensa das pensións, celebraronse varias concentracións en Galiza. Así, a CNT estivo nas ruas de Vigo, Ferrol e Compostela baixo o lema "Loita por unhas pensións dignas para tod@s. Pola distribución do traballo e da riqueza" informando e explicando o punto de vista da CNT sobre a plantexada reforma das pensións e as alternativas para manter este importante dereito.

26-S. Concentración en defensa das pensións

Na tarde do pasado xoves, 26 de setembro, un grupo de compañeiras e compañeiros da CNT de Compostela, xunto con simpatizantes, concentrámonos na praza do Toural para chamar á loita por unhas pensións dignas para todas, e pola distribución do traballo e da riqueza.

Concentración en Compostela "Por unhas pensións dignas para tod@s"

Ante o novo ataque que o goberno do PP está a perpetrar contra outro dos nosos dereitos básicos, e dentro da xornada de loita convocada pola CNT a nivel de todo o Estado baixo o lema "Loita por unhas pensións dignas para tod@s. Pola distribución do traballo e da riqueza", a CNT de Compostela convoca unha concentración en defensa do sistema de pensións, o vindeiro xoves 26, às 19:30 na Praza do Toral. 

Concentración SOV CNT Ferrol "Por unhas pensións dignas para tod@s"

26/09/2013 13:00

O SOV CNT de Ferrol convoca a unha concentración o próximo xoves día 26 de setembro (como noutros puntos da Galiza) ás 13 h.

CNT-AIT Vigo chama a saír á rúa o 26S

O vindeiro xoves 26 de Setembro, a CNT-AIT de Vigo concentrarase ás 12 horas diante da Tesourería Xeral da Seguridade Social (Rúa López Mora, 62) para amosar públicamente o noso noxo pola política -se