8M: folga xeral feminista

PanGarcos

PanGarcos denuncia a CNT

Despois de que durante o pasado ano este sindicato estivera en conflito coa panadaría PanGarcos cando unha asalariada desta empresa fora despedida despois dun ano de traballo en situación máis que irregular: xornadas de 10 horas ao día, nóminas falsas, impago de horas extras e traballo en días festivos, salario por debaixo do convenio, falta de vacacións, etc., e despois de ter chegado a un acordo no que o empresario recoñecía as débedas coa compañeira, este mesmo empresario que se queixaba de que "A acción directa é unha putada" ven de interpoñer unha denuncia contra a CNT e contra a súa ex-empregada por inxurias e calumnia.

Pangarcos paga o que debe

A panadería Pangarcos decidiu pagar despois duns meses de conflito sindical. Tras entender o que é a acción directa e recoñecendo as débedas e os incumprimentos laborais que a súa ex traballadora lle reclamaba, o empresario decidiu chegar a un acordo, moi vantaxoso para a nosa compañeira, coa CNT e sen mediación ningunha. 

Pangarcos accede a negociar

O pasado sábado, aproveitando a Festa do pan da Brea, CNT Compostela desprazouse a Carballo e a Coristanco para estender o conflicto con Pangarcos e, de paso, facer unha visitiña ós donos da panadaría. Contamos co apoio dos sindicatos de Coruña e Ferrol. Grazas, compañeiras e compañeiros!

Carballo

[Video] Máis unha en PanGarcos

Concentración en PanGarcos 4-7-12

Unha volta máis un grupo de compañeiros do sindicato de Compostela achegámonos ata o local de Panadaria PanGarcos no barrio de Conxo. Provistos de panfletos, bandeiras, faixa e megáfono informamos a veciños, viandantes e aos escasos clientes da Panadaria do conflito coa nosa compañeira despedida á que se lle adebedan preto de 10.000 euros.

Seguen as concentracións en Pangarcos

Desde CNT Compostela seguimos a concentrarnos ante as portas da panadería Pangarcos para denunciar as politicas laborais do propietario do negocio e visibilizar o conflicto que mantemos polo despedimento dunha compañeira.

Seguimento do conflicto coa panadaría Pangarcos

As compañeiras e compañeiros de CNT Compostela continuamos coas concentracións ás portas de panadaría Pangarcos para denunciar as políticas laborais do propietario do negocio.

 

Panadaria PANGARCOS, paga o que debes!

 

O venres 18 de maio tivo lugar a primeira concentración da CNT Compostela á porta da panadaria PANGARCOS para reclamar os pagos que os seus donos adebedan á nosa compañeira.

Panadaria Pangarcos: Explota, despide e non paga

Panadaria Pangarcos: Explota, despide e non pagaA Panadaria Pangarcos despediu o 4 de Abril a unha compañeira deste sindicato despois de aplicar durante máis de un ano a sua “exemplar política de persoal”. O proceso que o indivíduo dono desta panadaria, segue para impoñer as condicións laborais no seu local é o seguinte: