cnt cnt

A CNT de Ferrol participou nas mobilizaci贸ns pola folga do persoal da funci贸n p煤blica

Ferrol. 11 Xu帽o, 2010 - 00:52

A Federación Local de Ferrol da CNT secundou a folga declarada na administración pública contra os recortes salariais do goberno do PSOE. Para facer efectiva a súa protesta pola rebaixa dos salarios das traballadoras e traballadores da administración, o sindicato participou na manifestación celebrada entre a Avenida de Esteiro e a praza de Armas, e repartiu un panfleto explicando a súa postura diante dos recortes sociais aos funcionarios e pensionistas. Diante da existencia de dúas manifestacións separadas, unha protagonizada polos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF, e outra convocada pola CIG, a Federación Local da CNT decidiu unirse á convocatoria do sindicato nacionalista.

O bloque libertario da manifestación amosou a súa combatividade no longo percorrido, berrando constantemente contra os recortes sociais; tamén chamou á solidariedade entre parados e traballadores e pediu a convocatoria dunha folga xeral contra a reforma laboral que se aveciña. Nos vindeiros tempos, a CNT de Ferrol vai organizar unha charla-debate sobre os recortes sociais o día 17 de xuño no noso local na Avenida de Esteiro, e fará unha concentración o 19 de xuño no edificio da Xunta de Galicia (praza de Amada García) ás 12 horas. A totalidade dos sindicatos galegos da CNT farán unha manifestación conxunta o día 26 de xuño en Compostela, con saída ás 12 horas na Alameda.

Programa especial de Radio Filispim sobre a CNT na folga da administración pública.


  Confederaci髇 Nacional do Traballo