Enquisa HostaleríaDigna

Concentración en Bertamiráns: nen recortes nen reforma laboral

concentración en Bertamiráns

A tarde do sábado 5 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE. A primeira hora da tarde, cando os veciños de Bertamiráns comezaban a pasear polo mercado do centro da vila, @s militantes despregaron unha faixa alusiva ao tema e comezaron a repartir panfletos entre os veciños, informando de como o PSOE e o capital están a precarizar ainda mais a situación da clase traballadora, ao tempo que un compañeiro mitineaba polo altofalante sobre como o PSOE lanza todas as reformas anti-obreiras que lle dicta o capital e a clase empresarial, coa colaboración activa e desmobilizadora de CCOO e UGT, ao termpo que se chamaba à mobilización e à fogla xeral como única maneira de frear este novo ataque aos direitos dos traballadores e das traballadoras.

Este acto enmarca-se dentro dunha campaña da CNT contra a reforma laboral e os recortes sociais aprovados polo PSOE, que culminará o vindeiro dia 26 de Xuño, cunha manifestación en Compostela. Esta manifestación partirá da Alameda às 12:00.

concentración en Bertamiráns

NEN RECORTE DE DIREITOS NEN REFORMA LABORAL

Os planos do governo para reducir o déficit público fan recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre traballador@s e pensionistas. As propostas eco-nómicas van encamiñadas a satisfacer à banca e à patronal, transixindo ante os desígnios neoliberais impostos pola UE. A CNT sempre o tivo claro: votes a quen votes, decide o capital. Agora recoñece-o até a prensa afín ao governo socialista. As medidas foron aprobadas o 12 de Maio e concretadas o dia 21:
Rebaixa-se o salário d@s empregad@s públic@s un 5%, que só será esca-lonado nos triénios e salário base, non así nos complementos, que constituirán unha porcentaxe fixa para tod@s, a mesma para os salários altos que para os mais baixos. Esta medida fará-se efectiva apartir de Xuño, e o resultado será conxelado no ano 2011.
Conxelan-se as pensións para 2011, agás as mínimas e non contributivas, o que implica unha importante perda do poder adquisitivo d@s pensionistas.
Elimina-se o réxime transitório da xubilación parcial, isto é, a eliminación da posibilidade de acceso a mesma aos 60 anos.
Diminue-se a axuda ao desenvolvimento en 600 millóns€. Mentres as empresas españolas (Repsol, Telefónica, Inditex, etc.) chupan o sangue de traballador@s african@s, suramerican@s e asiátic@s e exproprian os seus recursos, os tribunais españóis negan-lles @s migrantes o direito às prestacións que a lei lles recoñece, e os concellos proibenlles os direitos mais básicos (sanidade e educación). Todo para beneficio da clase empresarial, que non responde ante as mortes de traballador@s sen permiso de residéncia porque o Tribunal Supremo non considera a estes empresários responsábeis da seguridade de traballador@s sen permiso de residéncia.
Elimina-se a retroactividade das axudas à dependéncia. O início da prestación vai depender agora da eficácia da Administración. Non se anuncian novas construccións de centros de dia públicos, polo que seguirán a ser as mulleres as que sacrifiquen a sua vida persoal para coidar a persoas dependentes, aforrando o diñeiro ao Estado de benestar, tan necesários para rescatar aos bancos.
Elimina-se o cheque bebé, que concedía 2500€ a toda persoa que tivese un/ha fill@, sexa Aznar ou un/ha xornaleir@. Evidentemente, de guarderias públicas nada. Eses cartos son precisos para pagar soldados en Afganistán.

E din que non se pode facer outra cousa para evitar a crise...

Non se controla o fraude na contratación: isto supón unha cantidade difícil de calcular às arcas destinadas ao desemprego: o resultado de multiplicar o número de parad@s por extinción dun contrato temporal fraudulento (case o 100% dos de obra e servizo e eventuais) polo que cobra de paro, cando tiña que cobrar da patronal, xa que deberia ser indefinido na empresa.
Non se elimina unha institución parásita como o exército.
Non se eliminan as axudas às igrexas, mui especialmente á católica, a outra gran parásita, que chega a chupar 7000 millóns de euros..
Reduciu-se a cota patronal na última reforma (pactada por UGT e CCOO) da lei de seguridade social. A excusa foi, no 2007, o superávit das arcas da segurida-de social. Por certo, a cota obreira non se rebaixou apesar dese extraordinário exceso de cartos.
Non se recortan os millóns de euros en bonificacións aos/ás empresári@s por cumprir á lei (non discriminar às mulleres, transformar os contratos tempo-rais fraudulentos en indefinidos, etc.). Millóns regalados aos empresários a cámbio de nada. A que traballador/a o Estado lle dá cartos por non delinquir?
Que dicer do archicoñecido rescate aos bancos...
Por suposto, a promesa de gravar as rendas mais altas segue sen cumprir-se.
E isto non é mais que o início dunha nova reforma laboral que se aprobará o dia 16 de Xuño, e que abaratará o despido e liberalizará a contratación temporal, pactada con CCOO e UGT, xunto coa renovación do pacto de Toledo, tamén con CCOO e UGT, que elevará a idade de xubilación, debido, din, ao envellecemento da poboación. Non seria mais fácil entón, abrir as fronteiras (electrificadas e coa guardia civil tirando a matar en Ceuta) e permitir a entrada d@s traballador@s, que escapan das condicións miserábeis causadas por Europa e o capital, que non coñece fronteiras? Paradoxalmente, semella ao revés; endurece-se a lei de extranxeiria e manteñen-se cárceres ilegais (os centros de internamento de inmigrantes), nos que se apresa a traballador@s à espera de deportación.

Claro que o capital, en profunda crise, necesita ser rescatado, non só con aportación directa de fondos por parte dos Estados que o sustentan, mas permitindo ter escrav@s que eleven a plusvalia en países “sub-desenvolvidos”, nos que non teñen que preocupar-se por reforma laboral algunha.

Nengún partido é obreiro. Só a clase traballadora, organizada no sindicato, pode parar os pés ao capital