cnt cnt

No traballamos a calquera prezo

Pontevedra. 1 Xu帽o, 2010 - 13:07

Un ano mais a Asociacion Pola Defensa da Ría de Pontevedra organiza a marcha contra Celulosas, será o sabado día 5 as 19:30 dende as alamedas de Pontevedra e Marín.

Dende a CNT facemos un chamamento participar na marcha a todolos cidadad@s da Ría de Pontevedra pero facemos un chamamento especial @s traballador@s de ENCE-ELNOSA; son eles os que nunca apareceron, cuns sindicatos que bailan ao son do que di o consello de administracion do complexo: @s traballador@s non podemos traballar a calquera precio, poñendo en perigo a vida dunha poboación ante un posibe accidente, causando enfermidades cronicas dende o nacemento a moitas persoas, contamiñando unha ría e destruindo o sector marisqueiro. Non podemos traballar pasando por riba de todo isto cando son @s traballador@s os que terian que esixir dende hai 40 anos que se cumplan medidas de seguridade, que e eliminen verquidos, que a planta sexa transladada...

 


  Confederaci髇 Nacional do Traballo