A CNT na homenaxe a 脕nxel " Cari帽o L贸pez"
Ferrol. 29 Maio, 2010 - 17:07
O pasado sábado 22 de maio de 2010, o concello de Cariño e maila Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica organizaron unha homenaxe a Ánxel Rodríguez Leira, " Cariño López", e outros combatentes pola liberdade, participantes na compañía " A Nove", que liberou París dos nazis na 2ª Guerra Mundial.
A bandeira da CNT, organización na que militou o compañeiro Ánxel, non podía faltar no evento, así que vari@s compañeir@s do sindicato de Ferrol achegamonos a Cariño para acompañar a familiares e achegados neste recoñecimento público que chega, como pouco, corenta anos tarde.









