Enquisa HostaleríaDigna

Concentración en Compostela en protesta contra os recortes laborais e sociais do PSOE

foto da concentración no Toral

Este mércores 26 de Maio a CNT de Compostela realizou un novo acto de protesta en contra dos recortes de direitos sociais e laborais que o governo do PSOE anunciou nos últimos dias. O acto consistiu nunha concentración celebrada no Praza do Toral, na que se informou aos viciñ@s de Compostela sobre estes recortes.

Desde a CNT entendemos que a clase operária debe reforzar a sua presenza na rua e dar a ver a sua disconformidade e frontal oposición ante estas ou calquera outra agresión aos nosos xa exíguos direitos por parte do governo neo-liberal de Zapatero. Desde a CNT entendemos que non hai pacto social posíbel ante a situación de crise do capitalismo. Non podemos consentir que se cargue sobre a clase operária os erros na xestión do capital, e continuamos nas nosas reivindicacións por un traballo mais digno e en mellores condicións, sen perder de vista que a solución definitiva pasa por artellar unha sociedade autodeterminada, sen poder nen capital. Desde a CNT manteremos unha oposición frontal e radical ante estas medidas, e seguimos confiando nun proceso de mobilización xeral da clase traballadora, cuxo primeiro paso ineludíbel seria unha folga xeral, para opoñer-nos a calquer ataque à nosa dignidade.

NEN RECORTE DE DIREITOS NEN REFORMA LABORAL

Via-se vir, os planos do governo para reducir o déficit público fan recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre traballador@s e pensionistas. As propostas económicas van encamiñadas a satisfacer à banca e à patronal, transixindo ante os desígnios neoliberais impostos pola UE. A CNT sempre o tivo claro: votes a quen votes, decide o capital. Agora, recoñece-o até a prensa afín ao governo socialista. As medidas foron aprobadas o 12 deste mes e concretadas o dia 21:

Rebaixa-se o salário d@s empregad@s públic@s un 5%, que só será escalonado nos triénios e salário base, non así nos complementos, que constituirán unha porcentaxe fixa para tod@s, a mesma para os salários altos que para os mais baixos. Esta medida fará-se efectiva apartir de Xuño, e o resultado será conxelado no ano 2011.
Conxelan-se as pensións para 2011, agás as mínimas e non contributivas, o que implica unha importante perda do poder adquisitivo d@s pensionistas.
Elimina-se o réxime transitório da xubilación parcial, isto é, a eliminación da posibilidade de acceso a mesma aos 60 anos.
Diminue-se a axuda ao desenvolvimento en 600 millóns€. Mentres as empresas españolas (Repsol, Telefónica, Inditex e un longo etc.) chupan o sangue de traballador@s african@s, suramerican@s e asiátic@s e exproprian os seus recursos, os tribunais españóis negan-lles @s migrantes o direito às prestacións que a lei lles recoñece, e os concellos proiben-lles os direitos mais básicos (sanidade e educación). Todo para beneficio da clase empresarial, que non responde ante as mortes de traballador@s sen permiso de residéncia porque o Tribunal Supremo non considera a estes empresários responsábeis da seguridade de traballador@s sen permiso de residéncia.
Elimina-se a retroactividade das axudas à dependéncia. O início da prestación vai depender agora da eficácia da Administración. Non se anuncian novas construccións de centros de dia públicos, polo que, como ven sendo tradicional, seguirán a ser as mulleres as que sacrifiquen a sua vida persoal para coidar a persoas dependentes, aforrando o diñeiro ao Estado de benestar, tan necesários para rescatar aos bancos.
Elimina-se o cheque bebé, que concedía 2500€ a toda persoa que tivese un/ha fill@, sexa Aznar ou un/ha xornaleir@. Evidentemente, de guarderias públicas nada. Eses cartos son precisos para pagar soldados en Afganistán.
E din que non se pode facer outra cousa para evitar a crise...

Non se controla o fraude na contratación: isto supón unha cantidade difícil de calcular às arcas destinadas ao desemprego: o resultado de multiplicar o número de parad@s por extinción dun contrato temporal fraudulento (case o 100% dos de obra e servizo e eventuais) polo que cobra de paro, cando tiña que cobrar da patronal, xa que deberia ser indefinido na empresa.
Non se elimina unha institución parásita como o exército.
Non se eliminan as axudas às igrexas, mui especialmente á católica, a outra gran parásita.
Reduciu-se a cota patronal na última reforma (pactada por UGT e CCOO) da lei de seguridade social. A excusa para esta redución da cota d@s empresári@s foi, no 2007, o superávit das arcas da seguridade social. Por certo, a cota obreira non se rebaixou apesar dese extraordinário exceso de cartos.
Non se recortan os millóns de euros en bonificacións aos/ás empresári@s por cumprir á lei (non discriminar às mulleres, transformar os contratos temporais fraudulentos en indefinidos, etc.). Millóns regalados aos empresários a cambio de nada. A que traballador/a o Estado lle dá cartos por non delinquir?
Que dicer do archicoñecido rescate aos bancos...
Por suposto, a promesa de gravar as rendas mais altas segue sen cumprir-se.
E isto non é mais que o início dunha nova reforma laboral, que abaratará o despido e liberalizará a contratación temporal, pactada con CCOO e UGT, xunto coa renovación do pacto de Toledo, outra vez con CCOO e UGT, que elevará a idade de xubilación, debido, din, ao envellecemento da poboación. Non seria mais fácil entón, abrir as fronteiras (electrificadas e coa guardia civil tirando a matar en Ceuta), e permitir a entrada d@s traballador@s, que escapan das condicións miserábeis causadas por Europa e o capital, que non coñece fronteiras? Paradoxalmente, semella ao revés; endurece-se a lei de extranxeiria e manteñen-se cárceres ilegais (os centros de internamento de inmigrantes), nos que se apresa a persoas traballadoras à espera de deportación.
Claro que o capital, en profunda crise, necesita ser rescatado, non só con aportación directa de fondos por parte dos Estados que o sustentan, mas permitindo ter escrav@s que eleven a plusvalia en países “sub-desenvolvidos”, nos que non teñen que preocupar-se por reforma laboral algunha.
Nengún partido é obreiro. Só a clase traballadora, organizada no sindicato, pode parar os pés ao capital

CARA À FOLGA XERAL CONTRA O ESTADO E O CAPITAL