Enquisa HostaleríaDigna

Nen recortes de direitos, nen reforma laboral

Onte dia 20 de Maio, a CNT concentrou-se diante das oficinas do Servizo Público de Emprego, para denunciar a política neoliberal do governo español, única política posíbel nun sistema de libre mercado globalizado. Neste sistema, a cor dos partidos é absolutamente irrelevante: o poder soberano reside no capital. A única solución posíbel é mudar o sistema.

A CNT transmitiu neste acto de protesta a sua crítica à reforma dos requisitos de acceso às pensións de xubilación, às novas medidas do governo (baixada do 5% do salário no emprego público, reforma da xubilación parcial, recorte nas axudas ao desenvolvemento, conxelación das pensións,...) e a próxima reforma laboral, que está ao caer e de seguro será pactada cos sindicatos maioritários, co fin de desmobilizar à sociedade através da firma de acordos sociais.

Xa non é a clase traballadora a que toma a rendas da sua vida, sendo vendidos os seus direitos polas cúpulas sindicais, que non entenden nen teñen en conta o problemas das traballadoras e traballadores. Ante esta situación, desde a CNT seguimos a apostar pola mobilización desde a base para facer frente a estes e a calquera outros ataques do capital, e neste momento histórico de agresións à clase traballadora, entendemos como único princípio de solución posíbel a mobilización cara a unha folga xeral que ataque os intereses do capital e o estado e nos coloque en situación de empezar a exixir melloras fundamentais na nosa condición de clase operária e a derrubar, un por un, todos os tixolos do sistema capitalista.