cnt cnt

San Precario 2010 no Siega

Siega. 30 Marzo, 2010 - 10:35

imaxe de san precarioUnha volta máis, e xa van 4 anos, desde a sección sindical de CNT no Siega queremos "celebrar" o dia do patrón da precariedade laboral repasando os acontecementos deste último ano neste departamento informático da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Comezamos este repaso lembrandonos da presentación daquelas propostas de millora do servizo informático e das condicións das persoas que o sosteñen [1]. Estas propostas foron entregadas tanto aos resposables no noso lugar de traballo: ao antigo subdirector, ao actual, aos xefes de área... como na Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. O seu éxito foi máis ben escaso ante o que vemos actualmente: promesas incumpridas da Xunta sobre publicación de estándares internos e fomento do software libre, vergoñentos incumprimentos da lexislación vixente para as webs, a nula intención de desenvolver software de calidade...

Aínda que, se algo foi a pior no Siega foi o trato humano. Xa non se caracteriza o sector polas prácticas "humanas", e normalmente xa somos tratados como un calquera consumible infomático, pero este ano no Siega houbo para todos os gustos: desde o clásico mobbing ata os "consellos" de non asistir ás reunións da seción e ás asembleas de traballadores, pasando pola particular "caza de bruxas" tras tentar auto-organizarnos para millorar os procesos de traballo, rematando polo recente exilio forzoso de varios compañeiros ou a despedida pola porta de atrás de algúns compas con moitos anos no Siega.

Frente a isto, a sección seguiu mantendo a sua liña de información e denuncia. Foron gañadas as reclamacións de atrasos [2], presentaronse novas demandas por cesión ilegal (que tamén imos gañar!!) [3], realizaronse varias asembleas de traballadores e tamén reunións e campañas informativas [4]. Tamén puxemos en marcha os mecanismos de solidariedade con compas informáticos doutras partes do estado, con esas 192 familias afectadas polo ERE en Séneca-EDM [5], co compa despedido e finalmente readmitido en Antivirus Panda [6] e recentemente co conflicto en Córdoba coas empresas MC Informática, s.l. e EOS Processor por outro traballador despedido [7].

Esta actividade sindical aportou o seu gran de contribución no incremento do número de informáticos/as afiliados á CNT na comarca compostelana, existindo xa presenza do anarco-sindicato en varias empresas do sector, así como en varias consellarías onde amais xa presentamos denuncias [8].

Outro dos puntos quentes do ano foi a aprobación dos estatutos do CPEIG que impoñen a todo o sector informático galego a visión corporativista da profesión das elites colexiadas, incluíndo como punto clave o lucrativo negocio (para eles) do visado de proxectos [9]. Esta maniobra viuse truncada, polo de agora, ao reducirse o poder concedido polo estado aos colexios profisionais logo de adaptar a lexislación española ás directivas europeas [10]. Non nos cabe dúbida que agardarán tempos políticos máis acordes para seguir adiante coas imposicións. Namentres, vemos atónitos como empregan as subvencións públicas para ir de comilona a hoteis de luxo con políticos e empresarios, o binomio precarizador do sector [11].

Tampouco queriamos deixar pasar a ocasión de dar conta do desembarco do sindicalismo amarelo e dócil de CCOO e UGT nas compañías informáticas galegas. Así, coas promesas de conquerir milloras para a plantilla fichan a traballadores para presentarse ás eleccións sindicais (que non teñen nin que afiliarse ao sindicato). Acto seguido, móntase o comité de empresa (coa propia colaboración da empresa) e a reunirse de vez en cando para tentar establecer pequenas milloras. Ao final, normalmente, todo remata cos traballadores/as defraudados polos seus compañeiros do comité ante os escasos resultados obtidos. Pola súa banda, os sindicalistas ben rematan queimados tras pasar estériles traballos para nada, ou ben, son "premiados" como liberados sindicais polos seus acordos contrários á vontade dos compañeiros e compañeiras.
Para os que vaian vendo o percal de primeira man e se vaian sentindo defraudados só comentar que o sindicalismo (o de verdade) si é posible. Aquí vos agardamos para cando gostedes de deixar de ser cómplices dos enganos dos sindicatos do poder.

Non delegues a tua responsabilidade, negocia por ti mesmo/a!!
Se ninguén traballa por ti que ninguén decida por ti!!

Referencias: 

[1] Propostas para o Siega:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/826 (en galego)

 

[2] Reclamacións de atrasos gañadas:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/852 (en galego)

http://www.cnt.es/node/1319 (en español)

 

[3] Novas denuncias de cesión ilegal:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/872 (en galego)

http://www.cnt.es/node/1407 (en español)

 

[4] Campaña contra a contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/914 (en galego)

 

[5] Solidariedade desde o Siega:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/786 (en galego)

 

[6] Panda Security readmite ao delegado da CNT:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/893 (en galego)

http://www.cnt.es/node/1518 (en español)

 

[7] Solidariedade co compañeiro informático despedido en Córdoba:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/937 (en galego)

http://www.cnt.es/node/1617 (en español)

 

[8] Seguen as denuncias de informáticos na Xunta:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/908 (en galego)

http://www.cnt.es/node/1685 (en español)

 

[9] Golpe de estado na informática galega:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/832 (galego)

http://www.cnt.es/node/1248 (español)

 

[10] Adiós al poder de los colegios profesionales:

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Adios/poder/colegio/profesional/elpepusoc/20090827elpepisoc_1/Tes ( en español)

 

[11] As festas do CPEIG:

http://www.cpeig.org/portal/node/925 (en galego)

 


  Confederaci髇 Nacional do Traballo