Presentadas alegaci贸ns 谩 Relaci贸n de Postos de Traballo do Concello de Pontevedra
-
-
1 No informe 1: Catalogacion dos Postos de traballo de Concello, punto 3) FUNCIÓNS. Non podemos tolerar as expresións de que a indefinición de funcións dos postos de traballo poida atoparse en “certa indefinición de funcións que facilite a utilización do potencial de polivalencia que ostentan os empregados publicos dado o seu alto nivel de capacitación actual.”. Alegamos a totalidade deste punto e esiximos a total definición de funcions de cada un dos postos de traballo do Concello de Pontevedra, que suporía unha mellora da organización e a identificación de necesidades para o Concello, e unha defensa especifica dos traballador@s fronte o abuso da sua xerarquia; e continuo que traballador@s de categorias inferiores asuman sen a sua correspondente retribución o traballo dunha categoria superior, algo que solucionaría unha Relación de Postos de Traballo ben definida; a non ser que sexa o interese da administración perpetuar situación de inxustiza e insolidariedade. Nas definicións dadas existe un proceso de corta-pega de moitos dos postos de traballo que en absoluto teñen que ver coas funcións reais que asumen os traballador@s e si cunha soposta situación idilica feita dende un despacho.
-
2 Informe 3: A valoracion dos postos de traballo do Concello. Impugnamos a totalidade do informe polas gravisimas fallas de definición nos apartados e o conseguinte absurdo nas valoracións que parecen ter sido feitas por unha docena de monas piñoneras. Non entendemos ningun dos criterios para establecer Penosidade e Perigosidade, este sindicato considera innegociable que esta taboa sexa dividida e definida en: Responsabilidade, Adicación Incompatibilidade, Perigosidade, Penosidade, Dificultade Tecnica e Toxicidade como establece o ARTIGO 40 -COMPLEMENTO ESPECIFICO do II Acordo Regulador do Persoal Funcionario do Concello de Pontevedra; e recolle a Ley 7/2007 de 12 de Abril, Estatuto Basico do Empregado Publico no seu Artigo 24. A actual redacción e indefinición que os autores nos venden supón unha inxustiza para as supostas intencións de “busca de equidade horizontal” supoñendo unha total indefensión dunha grande parte dos traballador@s que atopan que o seu posto cun nivel maior de penosidade e perigosidade e valorado co mesmo nivel que outro no que prima a dispoñibilidade o nocturnidade.
-
3 Metodoloxia. E insuficiente o proceso de selección de entrevistas e cuestionarios achegados polos autores do informe que supuxo na practica un proceso participado por menos dun tercio das traballador@s do Concello; intuimos polos resultados que e absolutamente insuficiente, xa que moitos do postos de traballo non tiveron acceso a estes cuestionarios e a definicion do seu posto se fixo dende unha escala superior e non dende a experiencia laboral propia. A resultas desta escolleita sesgada e pobre se extraen todolos problemas deste informe que non cumple sequera cuns minimos sobre os que traballar nin sacar nada en limpo.
-
Dende a Sección Sindical da CNT no Concello de Pontevedra, fronte informe realizado Pola Universidade de Vigo para a elaboración da Relación de Postos de Traballo:
Esiximos a retirada e nova redacción da totalidade para que o estudo cumpla minimamente algunha das suas supostas intencións :
I- Coa Definición e valoración exhaustiva dos indices que os autores incluen no punto penosidade e perigosidade.
II- Coa definición clara das función de cada un dos postos de traballo:marcos de actuación, condicións necesarias do posto, definición suficiente das relacións internas e externas no marco de actuación.
III- Cun proceso de consulta e enquisa exhaustivo, que faga un barrido de todolos postos de traballo, dende optica do traballador.







