Amadeu Casellas sae da prisi贸n
Compostela. 10 Marzo, 2010 - 10:26
O preso Amadeu Casellas saíu onte da prisión, despois de vinte e catro anos encarcelado. O director do centro penal de Xirona unificou os expedientes do antigo código penal e do novo e, unha vez feito os cómputos das penas, concluíu que Casellas cumpriu oito anos de pena que non lle correspondían.
Fontes próximas ao preso explicaron que xa facía moito tempo que Casellas e os seus compañeiros denunciaban esta situación e que o home estaba compliendo máis anos da conta, pero os responsables de Xustiza e centros penais 'sempre o negaron'.
Non foi até agora que un xuíz comprobou os expedientes e resolveu que Casellas tería que saír hai 8 anos atrás.







