cnt cnt

Apresentaci贸n da exposici贸n sobre o peri贸dico Solidaridade Obreira

Compostela. 9 Marzo, 2010 - 22:04

Presentación da exposición Solidaridad obreraHoxe martes 9 de marzo, o SOV de Compostela celebrou a apertura da exposición Solidaridade Obreira cuns trinta amigos na Casa das Asociacións de Cornes en Conxo.

A festa empezou as 19:00h. co noso compañeiro Pancho nunha introducción ao nacemento do periodico e da Confederación. Despois deu paso as poetisas Xiana Arias e Meri Rosende que nos deleitaron cun texto moi sentido preparado amablemente para a ocasión, "Facendo Memoria" e cunha colección de fotografías para repartir entre os asistentes.

Tras elas viu o compañeiro Brais e máis o Xurxo para repartir ledicia cun repertorio musical variado a violín e guitarra, no que, por suposto, non faltou o himno "A las Barricadas".

Para rematar o compañeiro Pancho lembrounos do programa para o recital de poesia a cargo de: Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez, Pili Beiro, XL Santos Cabanas, Rosa Enríquez, que terá lugar no mesmo sitio o vindeiro xoves 11 ás 19:00h., e no que agardamos tamén a presenza de moitos amigos.


  Confederaci髇 Nacional do Traballo