Hoxe comeza a Exposici贸n do centen谩rio de "Solidaridad Obrera" en Compostela
Hoxe día 9 de Marzo comeza a Exposición do centenário do periódico "Solidaridad Obrera" de Catalunya e Balears, será na Casa das Asociacións de Cornes, e continuará até o dia 14. Os horários de apertura serán de mañán e tarde 10-14 e 16,30 a 21 h.
Hoxe dia 9 às 19 h. comezaremos con unha apresentación histórica da "Soli" que fará o compañeiro Xavier Valle-Indlán, a continuación Xiana Arias e Meri Rosendo farán unha performance poética "facendo memória" e para rematar un pequeno recital de música anarquista a cargo de Brais e Xurxo.
O xoves, dia 11, tamén às 19 h., haberá un recital poético a cargo de : Pili Beiro, Rosa Enriquez, Gaspar Domínguez, Claudio Rodríguez-Fer e X.L. Santos Cabanas, ou sexa seguiremos a facer memória.
Haberá tamén unha mesa con libros e material anarquista para à sua venda e o periódico do Centenário da Soli.
Vemo-nos







