Cen anos despois, as traballadores seguimos necesitando loitar contra o desigual reparto da riqueza
Se a comezos do S.XX as condicións de vida da clase obreira eran terríbeis, para mulleres e nenos traballadores eran-no aínda máis. As loitas de obreiros e obreiras do téxtil de entón están na orixe do 8 de Marzo, ainda que o revisionismo histórico nos queira convencer de todo o contrário.
Várias reivindicacións protagonizadas basicamente por traballadoras téxteis en Estados Unidos nun movimento obreiro xenuíno, tanto en 1857, como en 1908,1909, 1910 e 1911, encarnan o simbolismo que rodea o dia 8 de Marzo, Dia da Muller Traballadora. De todos eles, o incéncio da “Triangle Shirtwaist Company” de 1911 coa morte das obreiras que o ano anterior, 1910, protagonizaran a primeira folga levada a cabo exclusivamente por mulleres é o máis salientábel.
No 1910, a nível mundial, o movimento obreiro estaba-se dotando de ferramentas para mellorar as espantosas condicións de vida e traballo causadas pola desigual repartición da riqueza. Así naceu a CNT agora fai cen anos e desde o seu congreso fundacional acordou que todas as suas sociedades obreiras loitarian polo direito da muller ao traballo asalariado e à diminución da sua xornada laboral, ademais de denunciar a dupla xornada que padecian, coa finalidade de concienciar aos seus compañeiros para que actuaran en consecuéncia.
A explotación da muller traballadora percorre todos os continentes e os seus explotadores podem ser tanto homes, como outras mulleres, poden ser, tamén os seus familiares. Ano tras ano, perpetua-se esta afirmación, porque ese plus de explotación às costas das traballadoras engorda as contas que os poderosos teñen no seu paraíso.
No noso país as mulleres son moito máis pobres do que os homes. Forman parte do cada vez máis numeroso grupo de pobres con traballo :
. Salário insuficiente . 80% dos contratos a tempo parcial, 25% menos no salário base e 70% menos en complementos variábeis e horas extraordinárias do que os homes, tendo, ademáis máis cargas familiares, apesar de estar cada dia máis sobre-cualificados. E isto cando non están na economia mergullada cobrando à peza”.
. Pensión de miséria : Incapacidade, un 87% que a do home, xubilación : un 59% que a do varón.
. Maternidade : Teñen-na que condicionar à escasez de servizos para criaturas e familiares dependentes, a falta de corresponsabilidade de suas parellas e a imposibilidade de subsistir nesa situación. (18% de interrupción de embarazo, a metade, mulleres imigrantes) (0 43% de nacementos de nai extranxeira, esta é solteira, duplican o número de españolas).
. Saúde laboral : Pior e encabezando os acidentes laborais graves (non mortais).
. Traballadora extranxeira : Situación aínda máis grave en todos os apartados anteriores, ao traballaren en sectores con máis desregulación (servizo doméstico, hostelaria, agricultura) e non poder contar con apoio familiar.
. Mulleres maiores : Pensións de fame, enfermedades crónicas polas condicións nada que traballan no longo da sua vida. As suas vivendas, xunto aos dos imigrantes, son as menos habitábeis.
No mundo, a desigualdade de xénero, a falta de expectativas potenciais, a discriminación e a violéncia contra as mulleres son a norma e non a excepción. Partindo de que as mulleres traballadoras están a soportar a maior explotación, as organizacións de traballadores reivindicamos :
. Igualdade laboral.
. Distribución equitativa de actividades non remuneradas entre todos os que conviven.
. Diminución da xornada laboral para to@s.
. Servizos comunitários suficientes.
Mais non todo é negativo, nestes cen anos as mulleres traballadoras encadradas en auténticos sindicatos conseguiron maiores melloras nos seus direitos. Aquelas pioneiras mostraron o camiño da asociación para a emancipación é de cada unha e de todas : A história das mulleres sindicalistas é unha história de eleición e de renúncia, é unha história non conclusa : dispostas a loitar polos nosos direitos e co apoio solidário e coerente dos compañeiros, superaremos os nosos lastres e alcanzaremos a emancipación total
7-Marzo-2010
Secretaria de Prensa e Comunicación do SP do CN de CNT
<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } P.avanço-corpo-do-texto { margin-left: 0.5cm } H1.cjk { font-family: "Lucida Sans Unicode"; font-size: 24pt; font-weight: bold } H1.ctl { font-family: "Tahoma"; font-size: 24pt; font-weight: bold } -->







