Prensa obreira

A CNT diante da morte dun traballador en Narón

A Federación Local da CNT de Ferrol desexa manifestar a súa máis profunda indignación pola morte do traballador José Sestayo Balsa nunha obra de Freixeiro-Narón. A repetición deste accidente laboral -houbo outra morte dun traballador emigrante hai só seis meses na mesma zona- reflicte que a falta de condicións de seguridade no traballo no sector da construcción é un mal endémico que non hai vontade de atallar.

O aforro dos empresarios en medidas de seguridade, a precariedade, o prestamismo laboral e as abusivas xornadas de traballo parecen ser as causas deste novo accidente laboral mortal. Mais compre sinalar tamén a responsabilidade da xustiza pola súa inactividade diante das denuncias existentes arredor desta situación, e a deixación de funcións dos sindicatos maioritarios, presentes nos comités de empresas, mais ausentes ou completamente inactivos nas obras.

Dende a CNT desexamos amosar a nosa solidariedade coa familia do traballador falecido e denunciar o entramado de intereses cómplices que deixan á clase traballadora na maior indefensión. Por último facemos un chamamento á autoorganización dos traballadores e traballadoras, para reivindicar a dignificación das condicións de traballo e para combater os abusos patronais, única vía para conter o constante incremento da sinistralidade laboral.

Secretaría de Prensa da CNT de Ferrol

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Xaneiro 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031