cnt cnt

Concentraci贸n en Vigo en solidariedade coa FAU-AIT

Compostela. 8 Xaneiro, 2010 - 11:35

CNT FAU consulado aleman vigoO xoves 7 de Xaneiro, militantes dos sindicatos de Vigo, Pontevedra, Compostela e Ferrol levabamos a cabo unha concentración nas portas do consulado alemán en Vigo, en solidariedade coa FAU, sindicato alemán federado na AIT, a quen a xustiza alemana ven de impedir-lle realizar calquera tipo de labor sindical e até a denominación de sindicato, o que constitue de facto a sua ilegalización como organización operária.

Un grupo de cenetistas vidos de distintos pontos da Galiza concentraron-se por volta dunha hora, con consignas e faixas en favor da liberdade sindical nesta Europa do capital e restritiva de direitos na que vivimos, mentres se entregaban cartas de protesta nas oficinas do consulado.

 

Solidariedade coa FAU-AIT

Alemaña, estado que pretende mostrar-se internacionalmente como un exemplo brillante de democrácia, vulnera o CNT FAU consulado aleman vigomáis básico direito d@s  traballador@s: o de sindicar-se libremente. O pasado 11 de decembro, os tribunais alemáns proibian a actividade sindical da FAU-Berlín, e por conseguinte a de toda a organización sindical alemana. A sentenza vai mais alá da simple represión dos direitos sindicais da FAU-Berlín. Coa proclamación desta sentenza fica proibida até a auto-denominación da FAU-Berlín como sindicato.

Trasfondo
Desde Xuño de 2009,  a FAU-Berlín iniciou un conflito laboral co cinema Babylon-Berlin en pos dun convénio coletivo. Este conflito tivo repercusións en todo o estado. @s anarcosindicalistas en luita mantiveron un boicote moi eficiente e presente nos méios de comunicación, con exixéncias amplas e innovadoras, así como a participación d@s própri@s traballador@s. Ao se incrementar a presión até o punto de que os xerentes do cinema non podian seguir a se negar a unha negociación, interviu non só a esfera política mas tamén o sindicato Ver.di, membro da asociación sindical DGB, organización que non dispuña de ningunha base na empresa e que directamente entrou a negociar coa dirección. Detrás destas negociacións hai un pacto entre os partidos políticos no governo de Berlín, o sindicato Ver.di e a xeréncia para apartar à FAU e tranquilizar a situación, nunha campaña contra a FAU que inclue distintas medidas represivas. NCNT FAU consulado aleman vigoun primeiro momento foron proibidas por orde xudicial ferramentas de luita como o boicote e a aptitude para negociar convénios coletivos por parte da FAU. Ao tempo, os xerentes demandaron à FAU várias veces.

A situación na Alemaña
O denominado sindicato único DGB posue un monopólio corporativista que é protexido pola xurisdición, e que impide o posíbel ascenso de sindicatos alternativos. Conceptos como os de auto-organización e descentralismo sindical son prácticamente descoñecidos nos sindicatos na Alemaña e, desde logo, nen previstos, nen desexados por este sistema sindical. O traballo da FAU-Berlín no cinema Babylon non puido ser tolerado polos sindicatos de Estado e pola esfera política, debido ao perigo da posterior extensión do exemplo. A ilegalización do labor sindical da FAU debe ver-se neste sentido. A sentenza implica que non é posíbel fundar e desenvolver sindicatos libremente, porque –anque sexa paradoxal– desde o princípio a calidade de sindicato depende da aceitación oficial. Conflitos laborais levados a cabo apesar disto, sen calidade de sindicato oficial, acarrexan masivas consecuéncias xurídicas;  a FAU ten sido ameazada por duas veces cunha multa de 250.000€ ou privación de

liberdade en caso de transgresión de sentenzas. Polo tanto, após a última sentenza o labor sindical legal non é posíbel para a FAU. Así @s anarcosindicalistas alemans/as ven-se ameazados dunha nueva proibición, após as de 1914 e 1933. O carácter escandaloso desta sentenza xa se amosa polo feito se que se realizou de forma acelerada sen nengunha audiéncia  e posibilidade de  defensa por parte da FAU.

Alcance

  O alcance da sentenza é notábel, en caso de permanecer equivaleria a unha catástrofe para o sindicalismo, pois desde a resolución a FAU-Berlín pode ser considerada un sindicato ilegalizado e, ademais, a sentenza pode ser transferida à FAU alemana na sua totalidade. Como caso que senta xurisprudéncia recairá sobre o movimiento sindical e os direitos d@s traballador@s na sua totalidade. Calquer alternativa sindical xa non é posíbel con tal  xurisdicción como base. Polo tanto, o caso é unha novidade da represión sindical na Alemaña. O patrón non só pode elexir  os seus sindicatos, tamén obtén o direito de decidir que é un sindicato. A autoorganización operária e a liberdade sindical son proibidas, a incapacitación da clase operária é institucionalizada ainda mais.

Desde a CNT non podemos permitir que se pisen os direitos d@s traballador@s en calquer lugar do mundo, e menos cando se trata dunha organización como a FAU, asociada internacionalmente na AIT. Reclamamos a revisión do proceso, a retirada da sentenza e o respeito da liberdade sindical nun estado que di respeitar os direitos humanos, como é o alemán, así como o cese das ameazas e accións represivas contra a FAU.

  Asina en solidariedade coa FAU

 


  Confederaci髇 Nacional do Traballo