8M: folga xeral feminista

CNT, 1910-2010: Un século de anarco-sindicalismo

centenário CNTEste ano que comeza, a Confederación Nacional do Traballo fai cen anos. Son cen anos de compromiso coas liberdades, coas dignas luitas das clases operárias e desposuidas. Son cen anos enfrentando todo tipo de represións, pero tamén cen anos de distintos éxitos en diferentes níveis, cen anos de contribuir para a auto-emancipación da clase traballadora, cen anos de intentar estar mási cerca da utopia revolucionária que guia as nosas vidas. Son cen anos de duro traballo, no que milleiros de mulleres e homes deron a sua vida enteira na luita por recuperar a liberdade e dignidade de que nos desposuen o capitalismo, a relixión, o fanatismo. E milleiros de homes e mulleres continuar dia a dia esta luita que non terá fin até a completa emancipación da clase traballadora.

Este ano a CNT celebrará o seu centenário con multitude de actos que se estenderán por todo o Estado. Non se trata dun ensalzamento oco e acrítico de nós própri@s, a história da CNT é unha história humana, feita por mulleres e por homes que mairitariamente ficaron no anonimato, e polo tanto, é unha história con erros e acertos. Trata-se de trasmitir a luita levada a cabo durante tantos anos e tantas situacións diferentes, de fazer ver a idoneidade das solucións anarquistas para a construcción social, de expandir e enriquecer os nosos pontos de vistas e as nosas formas de luita para encarar con máis fortaleza a luita contra o capital, que cada vez se adivina máis necesária.

CNT, 1910-2010: Un século de anarco-sindicalismo

Pouco podia imaxinar Giuseppe Fanelli, embaixador de Bakunin e da Internacional, o éxito da sua misión cando chegou a Barcelona, en Novembro de 1868. Após a sua chegada, o obrerismo catalán, que xa se estaba a organizar, medraria desde una inspiración libertária.

Sobre esta base arraiga, a princípios do século XX, o sindicalismo revolucionário, que ten como referente o anarco-sindicato francés da CGT. En 1907, estes debates dan froito coa fundación dun sindicato, Solidaridad Obrera (SO), de composición diversa, pero que axiña se convertirá nunha organización libertária.

Só tres anos despois, SO aglutinará entidades do resto do Estado nunha nova estrutura; así, entre o 30 de Outubro e o 1 de Novembro de 1910 fai agora, en efecto, 100 anos, terá lugar en Barcelona o congreso constituinte da CNT. A central anarcosindicalista saberá adaptar-se às necesidades de tempos convulsos; a sua aposta: unha implicación profunda cos bairros e a riquísima vida popular e asociativa do movimiento libertário como base asociativa; a expansión das lutas pará alá do meramente laboral alcanzando a totalidade das reivindicacións de orde económico (por exemplo, a CNT favorecerá incluso várias greves no pagamento de alugueiros); un decidido apoliticismo que foverece o carácter autónomo da luita operária; a acción directa como principio básico da intervención social e o federalismo e o apoio mútuo como princípio reitor do esquema organizativo, prefiguración do modelo social a por en práctica após a revolución social. Entre os anos 1918 e 1919, a organización pasa de 345.000 afiliados a 715.000.

A organización consigue sobreviver á persecución da ditadura de Primo de Rivera, e a forte oposición terrorista dos pistoleiros da patronal e os sindicatos amarelos. A CNT é posta fora da legalidade en distintas partes do Estado, o que frea o seu impulso inicial e relega-a a unha posición de resisténcia.

A chegada da República coincidirá cunha nova estratéxia da CNT e a Federación Anarquista Ibérica (FAI), que se fundara en 1927: a reafirmación da finalidade revolucionária da CNT, e a firme confianza nas posibilidades da victória dun movimento insurrecional, levan a comezar un ciclo de aberto insurrecionalismo con que ambas organizacións se enfrentan a unha República que rechazan por burguesa. As bases confederais lanzan-se a un movimento revolucionário con especial forza en Catalunya, Andalucia e Astúrias, que será afogado en sangre pola supostamente “República de traballadores de todas as clases”. Os cárceres enchen-se de cenetistas, mas a conflitividade social e sindical multiplica-se até os últimos dias da Republica.

Co levantamento fascista de Xullo do 36, a CNT verá con meridiana claridade que o seu lugar está no enfrentamento directo coa besta fascista e co socialismo republicano se este se opuxe-se à sua labor revolunionária. O mesmo 19 de Xullo a CNT proclama a revolución social en grande parte do Estado e comeza a grande obra socializadora. Colectivizacións de empresas e terras, sanidade, educación, costumes...un mundo novo, sustentado por mais dun millón de afiliad@s, brilla brevemente, rematando por caer baixo os embates do Governo republicano e dos axentes soviéticos, que non están dispostos a tolerar unha revolución social que os superen e non poidan controlar.

Así, chegará a vitória de Franco e, definitivamente, o desastre de toda unha sociedade paralela construida pol@s anarquistas. Coa derrota, chega o exílio e o terríbel xenocídio que foi a represión interior. Mentres o movimento libertário na Franza non é capaz de ver o camiño para a acción anti-franquista, inzado de luitas internas e fracasos nos intentos de desestabilización do réxime desde o exterior, na Península caen, un após outro, os sucesivos comités da CNT clandestina, os seus membr@s son fusilad@s ou sofren longuísimas condenas nas prisións franquistas. Paralelamente, a guerrilla mantén unha luita feroz e cada vez máis desesperanzada até que caen os últimos, a final dos 50. Durante a década seguinte, un novo organismo, Defensa Interior, mantén activa a luita contra o Estado.

A CNT sobrevive à Ditadura. O 29 de Febrero de 1976, na paróquia de Sant Medir, no bairro de Sants, a Confederación reconstitue-se públicamente. Só un año despois, a Central consegue reunir máis de 250.000 persoas no mitin de Montjuic e axitar a vida barcelonesa coas míticas Xornadas Libertárias de 1977.

Pero CNT reafirma-se no seu carácter libertário e non está disposta a participar na farsa da Transición e o Estado declara-lle a guerra; un episódio de terrorismo de Estado, coñecido como Caso Scala, desencadena en 1978 a caza de bruxas contra a organización, que á vez entra nun proceso de escisión posibilista impulsionada desde os governos de UCD primeiro, e logo do PSOE, que culmina coa formación da CGT, entidade que acepta participar nas eleccións sindicais e entra de cheo no sindicalismo autoritário e pactista que a CNT volve rechazar con contundéncia.

Pero, e mañá?

Entre as ruinas dunha esquerda que, ou ben vaga nos limbos ecosocialistas tras acreditar na morte das ideoloxias, ou ben cuestiona as institucións mentres sucumbe às suas reglas desde incongruentes partidos anticapitalistas, o anarco-sindicalismo mantén a vixéncia das luitas auto-xestionárias e auto-emancipadoras. A anarcosindical está a liderar conflitos en sectores tan precários como o comércio, a arqueoloxia, a hostalaria, as subcontratas de servizos municipais, os novos servizos tecnolóxicos, etc; à vez, apoia solidariamente  outras luitas, contra feches patronais ou ERE's, demostrando a viabilidade do proxecto anarco-sindicalista.

Pero, como onte, o noso compromiso excede o ámbito laboral e, por isto, onde están @s sen papeis, no apoio aos grupos de liberación animal, às okupacions, à luita anti-patriarcal, animando o cooperativismo, apostando pola expansión da cultura operária, denunciando o sistema carcerário, en guerra abierta contra a ditadura de mercado, en todas estas luitas, en fin, a CNT mantén a sua presenza.

Seguimos a ser os homes e as mulleres que teen decidido ser amos da nosa vida. À utopia non renunciaremos nunca.

Pequena bibliografia
Juan Gómez Casas – Historia de la FAI
                               Historia del anarcosindicalismo ibérico
Antonio Bar – La CNT en los años rojos
José Peirats - La CNT en la Revolución española
                    Los Anarquistas en la crisis política española
Miguel Íñiguez – Enciclopedia histórica del anarquismo español
Dionisio Pereira - A CNT na Galiza (1922-1936)
Eliseo Fernández e Dionisio Pereira – O anarquismo na Galiza
                                                     O movemento libertario en Galiza (1936-1976)