8M: folga xeral feminista

Memórias rotas (A balada do comandante Moreno)

cartaz memorias rotas manane rodriguez eliseo fernandezO vindeiro xoves 7 de Xaneiro terá lugar no Teatro Rosalia da Coruña a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada). O acto será as oito da tarde e contará coa presenza da directora, Manane Rodríguez, e diversos membros do equipo e colaboradores, entre eles Eliseo Fernández, militante da CNT de Ferrol e historiador do anarquismo galego, que elaborou o guión do documental.

Fai dous anos, a ARMH levou a cabo a excavación da foxa no alto do Acebo que contiña os corpos destes asasinados, que finalmente puderon ser enterrados dignamente neste mes de Novembro. Neste enlace pode-se acceder ao dossier completo que o compañeiro Eliseo elaborou sobre o Batallón Galicia, así como a lista completa dos homes que o formaron.